Wikipedia:Xornal da Galipedia/01-12-2010/Novas e anuncios

Novas e anuncios

Novas políticas e ferramentas

Por Toliño, 1 de decembro de 2010

O mes pasado déixanos a activación dunha nova ferramenta e a entrada en vigor de tres novas políticas.

Xa temos conversión a PDF!

Ata o de agora, a Galipedia só tiña dispoñible unha opción para obter unha versión para imprimir das páxinas e artigos. Desde o mes pasado aumentamos as nosas posibilidades para ofrecer a conversión a formato PDF. Ademais, esta ferramenta tamén inclúe a capacidade de crear libros mediante a agrupación de artigos sobre un mesmo tema. Logo, estes artigos pódense exportar e descargar en formato PDF ou OpenDocument. Tamén está dispoñible a solicitude de libros impresos a través do servizo PediaPress.

Hai dispoñible máis información en Wikipedia:Libros e Axuda:Libros.

Mellorando as políticas

A Galipedia tamén incrementa o número de políticas con tres novas normas sobre bloqueos, monicreques e reversións, todas elas vixentes desde o día 9 de novembro. Traballamos co fin de mellorar a nosa xestión interna, así como combater e reducir o vandalismo. En relación a isto, axiña teremos habilitada unha nova ferramenta, denominada filtro de abusos, que axudará na detección de edicións non construtivas.

01-12-2010
Neste número
  • Novas e anuncios
  • ← Volver aos contidos

    + Engade un comentarioConversa sobre esta historia
    Aínda non hai comentarios. Ti podes ser o primeiro en achegar unha opinión!