Wikipedia:Votacións para borrar/Fernando Villapol
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Fernando Villapol editar
Como ben sinalou o usuario Prevert, coinciden neste artigo diversas circunstancias que apuntan na posibilidade de autobombo ou gloria va. Paso a enumerar.
- O usuario creador, Bretoña, é un usuario dunha soa edición (este artigo), tanto na galipedia como en es.wiki.
- O usuario Treangen, é un usuario dunha soa edición (este artigo), tanto na galipedia como en es.wiki., en.wiki e commons.
- O usuario Treangen xa publicara no pasado un artigo sobre este pintor na Galipedia, que foi borrado por infracción das normas do copyright. Ese artigo tiña moitos puntos en común co artigo que agora edita Bretoña.
- O artigo achega informacións persoais e imaxes que só están ao alcance de persoas que, ou ben son o propio artista, ou ben son familiares achegados, admiradores próximos ou amigos.
- O propio nick Bretoña coincide co lugar de residencia do artista.
- Os contidos do artigo son claramente excesivos a teor da importancia do artista, e son o produto dun só editor.
Por estas todas razóns propoño o borrado dun artigo que enmarcaría dentro dunha campaña por espallar o nome de Fernando Villapol polas wikipedias. --Xabier Cid Conversa 19:00, 31 outubro 2008 (UTC)
A favor editar
- Borrar --Xabier Cid Conversa 19:00, 31 outubro 2008 (UTC)
- Borrar. Aínda que nun primeiro momento marquei o artigo como GloriaVa por non ter tempo para dicir máis, na miña opinión é un artigo de eliminación rápida por todas as circunstancias sinaladas por Xabier Cid. A todo o dito habería que sumar as referencias en fernandovillapol.com, alí di "FVP xa está en Wikipedia!!" e indica os enderezos do artigo remarcando a conexión entre a creación dos artigos e o titular da páxina. --Prevertgl 13:54, 1 novembro 2008 (UTC)
- Borrar conforme a proposta ElviraConversa comigo 21:07, 1 novembro 2008 (UTC)
- Borrar Alberte Si, dígame? 22:48, 12 novembro 2008 (UTC)
- Borrar, e pronto. Pedro --Lameiro (conversa) 23:39, 12 novembro 2008 (UTC)
En contra editar
Estou en contra de que se borre porque non está mal e se é por iso non vai haber ningún artígo na Galipedia.--Vivaelcelta 01:03, 23 novembro 2008 (UTC) Este voto non é válido por non cumprir o usuario cos requerimentos para poder votar Alberte Si, dígame? 12:52, 23 novembro 2008 (UTC)