Wikipedia:Votacións para borrar/Biocombustible de algas
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Biocombustible de algas editar
O artigo non é de carácter enciclopédico nin de lonxe: recolle as noticias da prensa aparecidas o 28.05.2007, facendo unha tradución practicamente literal e con erros propios de corrector automático. Por exemplo, a frase “A procura deste último dun sistema que acelerase o ceo vital da fotosíntese” vén dunha mala lectura do “ciclo” orixinal que o converte en “cielo”, que o tradutor automático converteu en “ceo” (a frase orixinal era "La búsqueda de este último de un sistema que acelerara el ciclo vital de la fotosíntesis”).
Véxase como exemplo da orixe do artigo a noticia recollida por El Mundo [1], pero san Google recolle moitas máis.
Non describe o que é o biocombustible de algas, como di o título, senón o proxecto de facelo por unha empresa determinada, proxecto que, daquela, recollía a prensa. Non sei se se levaría a cabo, pero no artigo non se recolle se se fixo ou non. Só recolle esa perspectiva de actividade futura: "O biopetróleo... podería chegar ás gasolineiras nuns doce meses". ou "O lugar xa está elixido en Alacant e as licenzas solicitadas".
O texto contén outros erros:
- As referencias externas que se dan son dúas: a web da propia empresa e o artigo da wiki inglesaque sobre a empresa.
- na redacción: "...segundo nos informa a empresa de Alacant" é frase periodística, non corresponde á redacción dun texto enciclopédico.
- no texto: a un dos inventores dáselle os nomes de Garnis (que resulta ser erróneo) e de Gomis. Tampouco me extrañaría a man dun corrector autománico.
Pedro --Lameiro (conversa) 23:17, 30 agosto 2009 (UTC)
- A favor do borrado
- Borrar Pedro --Lameiro (conversa) 23:20, 30 agosto 2009 (UTC)
- Borrar polo esplicado ElviraConversa comigo 08:27, 31 agosto 2009 (UTC)
- Borrar Certamente non é un artigo enciclopédico. --Alberte Si, dígame? 14:49, 31 agosto 2009 (UTC)
- Borrar-- Lmbuga / Conversa comigo 17:19, 3 outubro 2009 (UTC)
- En contra do borrado
- Comentarios
- Resultado: 4 a favor do borrado, ningún en contra; bórrase o artigo.