Wikipedia:Sobre Galicia/novembro 2009

Carlos Velo Cobelas, nado nos Pereiros (Cartelle) o 15 de novembro de 1909 e morto en México, onde viviu exiliado, o 1 de marzo de 1988, foi un cineasta galego e figura clave do cinema mexicano.

Pertencente á promoción da Residencia de Estudiantes madrileña, traba contacto coas vangardas e empeza a dirixir e producir filmes documentais en España e Galicia. Coa Guerra Civil marcha primeiro a Marrocos e finalmente a México, onde desenvolverá case toda a súa carreira cinematográfica. O seu filme máis importante foi Pedro Páramo, de 1969.