Wikipedia:Sobre Galicia/marzo 2011

O Club Deportivo Lugo é un club de fútbol da cidade de Lugo, en Galicia. Fundado en 1953, trala desaparición da Ximnástica Lucense, que viña de competir na Segunda División, e o Club Deportivo Polvorín, desaparecido por motivos económicos. O club, sendo o seu primeiro presidente Emilio Núñez Torrón, comezou a súa andadura na Terceira División, chegando a xogar durante a tempada 1992-93 en Segunda División. Actualmente xoga no Grupo I da Segunda División B. Logrou retornar a esta categoría o 25 de xuño de 2006, logo de tres campañas en Terceira División. Na tempada 2010-11, o club acabou como campión e inverno, sendo o mellor equipo dos catro grupos da competición. Actualmente, o club xoga os seus partidos como local no Anxo Carro, un estadio con capacidade para 4.800 espectadores, recentemente reformado. O principal patrocinador do club dende 2010 é Leite Río.