Wikipedia:Sobre Galicia/maio 2010

A historia da lingua galega (ou historia social ou historia externa) pódese resumir como sete séculos de normalidade, desde as súas orixes cando se separa do latín galaico, aló polo século IX, até a introdución do castelán no século XV, e cinco séculos de contacto cunha lingua allea, do S. XVI até os nosos días, aínda que sempre co predominio na fala da lingua galega. Ás portas do século XXI a lingua galega segue viva, protexida pola lexislación vixente e cun número de falantes importante. Así e todo, a súa situación social é incerta e no último medio século reduciu á metade o número de falantes iniciais. Hoxe, o groso dos galegofalantes aséntase sobre unha franxa de idade superior aos 55 anos, namentres que as novas xeracións (principalmente as urbanas) teñen como lingua inicial o castelán.