Wikipedia:Sobre Galicia/abril 2009

A Santa Compaña é unha procesión de mortos ou ánimas en pena que percorren os camiños dunha parroquia. Trátase dun tema do folclore galego, cuxo tema é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa occidental dende a Idade Media. A zona xeográfica galega na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio correspondente á antiga Gallaecia, incluíndo o norte de Portugal e Asturias, xa que esta zona posúe características que a identifican como unha comunidade, reflectidas nos seus contos e na súa literatura e testemuñas do fenómeno. A cultura popular de finais do século XX e comezos do XXI considéraa como unha das lendas da mitoloxía popular galega máis arraigada no medio rural.