Wikipedia:EMLex Wiktionary HackFest

Coordenadas: 42°26′30″N 8°38′13″O / 42.44167, -8.63694

WiktionaryEn.svg

O venres 16 de novembro de 2018 tivo lugar na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra unha Wikimaratón sobre lexicografía. O evento estivo organizado polo mestrado EMLex (European Master in Lexicography), en colaboración coa Universidade de Vigo. O lema da xornada foi Edita 'pa diante, unha relectura do lema edita con afouteza da Wikipedia.

Cando e ondeEditar

EMLex
Wiktionary
HackFest
venres
16
novembro
2018
9.30-18.30 h
 
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra.

O wikimaratón tivo lugar o venres 16 de novembro de 2018, de 9.30 a 18.30 na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra.

CaracterísticasEditar

Os HackFest (variante de Hackathon) son eventos que facilitan o traballo colaborativo e voluntario centrado nun aspecto concreto. Son habituais nos proxectos Wikimedia (onde tamén son coñecidos como Wikimaratóns). Neste caso, a idea é editar nas diferentes versións do Wiktionary. O propósito é familiarizar o alumnado do mestrado EMLex dos campus de Santiago de Compostela e Braga co traballo lexicográfico colaborativo nun contexto práctico. Búscase tamén promover o encontro entre o equipo do mestrado dos dous campus e en xeral co estudantado e profesorado das outras universidades do consorcio, co trasfondo dunha actividade práctica de aprendizaxe.

Amais, o obxectivo é promover EMLex en España e Portugal, así como poñer en contacto o persoal do mestrado coas persoas editoras do Wiktionary da península Ibérica, particularmente da súa versión en lingua galega (Galizionario), coa idea de impulsar o intercambio de habilidades e coñecementos lexicográficos.

O evento estivo coordinado por Carlos Valcárcel, da Universidade de Vigo, xunto con María José Domínguez Vázquez (EMLex USC), María Teresa Sanmarco Bande (EMLex USC), Idalete Maria Silva Dias (EMLex UMinho) e Adrián Estévez (editor da Wikipedia). O evento tivo lugar en Pontevedra, a medio camiño entre Santiago de Compostela e Braga, dado que a Universidade de Vigo xa viña colaborando con EMLex noutros campos.

A participación é gratuíta.

ProgramaciónEditar

9.30: recepción das persoas asistentes rexistradas e entrega de ​documentación.
10.00: inauguración. Jorge Soto Carballo (vicerreitor do Campus de Pontevedra), Uxío Pérez Rodríguez (vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación) e María José Domínguez Vázquez (coordinadora EMLex na USC)
10.15: "O proxecto Wiktionary. Obxectivos, estrutura e fundamentos de edición". Eneko López de Subijana (Wiktionary).
11.00: "O Galizionario: a versión en galego do Wiktionary. Estrutura e fundamentos de edición". Adrián Estévez Iglesias (Wiktionary).
11.45: organización dos grupos de traballo.
12.00: obradoiro de edición.
19.30: clausura: posta en común Carlos Valcárcel Ribeiro (EMLex / Universidade de Vigo).

InformeEditar

Pola mañá, no salón de graos, houbo dúas charlas introdutorias ao Wiktionary, unha xeral do Usuario:Zuiarra (Eneko López) e outra sobre o Wiktionary en lingua galega do Usuario:Estevoaei (Adrián Estévez). Explicouse que para editar no Wiktionary non é preciso ser persoas expertas en lexicografía, senón que o obxectivo era compartir o coñecemento.

Despois foise á aula de informática para comezar a fedellar. Contouse coa presenza de 28 persoas inscritas, das cales había varias xa familiarizadas cos proxectos Wiki: Usuario:Furagaitas, Usuario:Elisardojm e Usuario:Rodelar, que axudaron ás persoas con menos experiencia. Houbo achegas en diversas linguas.

Nalgúns casos editouse sobre palabras do húngaro, o éuscaro, e mesmo o diula.

Non só se editou nas entradas, senón que tamén se crearon modelos de conxugación. Amais editouse en Wikimedia Commons, con algunha gravación e imaxes. Dentro das propias entradas, procurouse referenciar as definicións e incluír exemplos procedentes de corpus.

Anotáronse varias cousas a mellorar no Wiktionary en lingua galega: poñer nos exemplos a palabra indicada non subliñada senón en negra; incluír descricións de uso nos modelos; mudar a imaxe da portada polo logo de Wiktionary. Outro problema existente foi a elaboración de definicións, ao non contar con ningún manual de estilo con bos exemplos. Tamén houbo problemas cos caracteres das linguas akan e diula.

De cara a vindeiras edicións pensamos en traballar sobre a lista Swadesh (lists), e sobre o listado de 1000 palabras básicas en varios idiomas, que cómpre traducir ás linguas que faltan. Propúxose asemade en convidar alumnado de intercambio Erasmus. Comentamos tamén a idea de traballar coa ferramenta Lingua Libre, que permite subir notas de son a Wikimedia Commons de forma cómoda.

Fixéronse varias fotos do evento, que conta con categoría de seu en Wikimedia Commons (véxase máis abaixo).

Axudas para a ediciónEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar

Revista de prensaEditar


<<< Evento anterior: 10/3/2018, Ourense.
Wikimaratón Grupo Nós
EMLex Wiktionary
HackFest

16/11/2018, Pontevedra
Evento seguinte: 09/02/2019, Ourense. >>>
Wikipedia:Segunda wikimaratona do Día Internacional da Muller