Wikipedia:Aviso de contido

A WIKIPEDIA POSÚE CONTIDOS QUE PODEN SER OFENSIVOS

Na súa función enciclopédica, a Wikipedia contén milleiros de artigos sobre un amplo abano de temas. Unha fracción relativamente pequena destes temas están adoito censurados por esquemas educativos, gobernamentais, corporativos, paternos e outros filtros.

  • Algúns dos artigos da Wikipedia conteñen palabras ou linguaxe considerada blasfema, vulgar ou ofensiva por algúns lectores.
  • Os artigos poden conter sons, imaxes ou representacións escritas de xente ou acontecementos que poden estar protexidos por algunhas culturas.
  • A Wikipedia contén moitas e variadas imaxes, algunhas delas consideradas ofensivas por algúns lectores.
  • Moitos artigos tratan debates abertos sobre temas controvertidos. Algúns asuntos teñen aplicacións criminais ou conteñen información acerca de actividades perigosas e de risco (véxase Wikipedia:Advertencia xeral e Wikipedia:Aviso de risco).
  • A Wikipedia contén revelacións das tramas (spoilers).
  • A Wikipedia pode posuír material que desencadee un trastorno por estrés postraumático.
  • A Wikipedia pode ter imaxes e vídeos que causen ataques epilépticos e outras incidencias médicas.
  • Dado que a Wikipedia está aberta a contribucións por parte do público, pode haber vandalismos en calquera momento e páxina.
  • Pode que haxa informacións médicas, legais ou doutro tipo que son normalmente campo de profesionais; a Wikipedia non é unha substituta da busca de axuda profesional. A Wikipedia non dá consello legal ou médico.

A política da Wikipedia é permitir a inclusión deste tipo de contido, sempre que non incumpra ningunha das nosas normas (especialmente o punto de vista neutral) nin as leis do estado de Florida nos Estados Unidos de América, onde se aloxa a Wikipedia.

En calquera caso, a Wikipedia é un traballo en progreso, e moitos artigos conteñen erros, son subxectivos, están duplicados ou, sinxelamente, necesitan máis atención ou traballo. Animamos aos lectores a que axuden a arranxar estes problemas. A meirande parte dos artigos están escritos unicamente por individuos non expertos na materia, polo que carecen de coñecementos profesionais ou académicos na área.

A Wikipedia contén información agochada que pode non ser cuberta por unha enciclopedia convencional. A cobertura da Wikipedia está baseada nos intereses dos seus colaboradores voluntarios. Os lectores non deben xulgar a importancia dos temas baseándose na cobertura que estes teñen na Wikipedia, nin asumir que un tema é importante soamente porque se fala del nun artigo da Wikipedia.

Véxase tamén: Wikipedia:Verificabilidade.