Wikipedia:Sen avisos nos artigos

(Redirección desde «Wikipedia:Revelación da trama»)

Tódolos artigos e páxinas da Wikipedia conteñen unha ligazón ao pé de páxina aos avisos e advertencias (inglés: disclaimer) necesarios, polo que na maioría dos casos non se deben empregar este tipo de avisos nos artigos.

Existen unha serie de excepcións:

  • Os avisos "técnicos" que axuden ao lector, coma por exemplo {{Contén texto árabe}}, xa que non fan referencia ao contido do propio artigo en si senón a potenciais problemas de lectura do artigo.
  • Os avisos de navegación entre artigos con títulos semellantes, coma {{Outros homónimos}} ou {{Redirección}}.
  • Marcadores temporais que indiquen actualidade ou temporalidade dun evento, coma {{Actualidade}} ou {{Evento futuro}}, para avisar de que o contido do artigo pode cambiar rapidamente nun curto período de tempo.
  • Os marcadores de mantemento, coma por exemplo {{Non neutral}}, {{Sen referencias}} ou {{Wikificar}}, son avisos de tipo técnico temporais por defecto, co propósito de indicar os defectos do artigo que deben corrixirse.

Que son as advertencias?

editar

Para o propósito desta páxina, defínese como advertencia ou aviso que se debe evitar, a calquera modelo ou texto insertado nun artigo que duplique a información das páxinas de Advertencias:

Porque non empregar advertencias

editar
  • Resultan redundantes coa advertencia xeral ligada ao pé de tódalas páxinas.
  • A Wikipedia non está censurada.
  • A Wikipedia é unha enciclopedia, non un manual ou guía.
  • Resulta complexo definir que tipo de artigos deben conter unha advertencia e en que lugar debe ir indicada.
  • A non inclusión dunha advertencia en certas páxinas en contraste con outras pode ser un punto de acceso para demandas contra a Wikipedia.
  • As advertencias usan espazo na páxina que pode ser empregado para outros propósitos máis informativos (imaxes, cadros de información etc.)

Revelación da trama

editar
Atallo:
WP:R

A Wikipedia é un intento de escribir unha enciclopedia. Cando se discute de arte, tanto en forma de libros, música, arte visual, videoxogos, ou filmes, trata de proporcionar un resumo completo dese traballo creativo e do seu lugar na enorme esfera da actividade humana. Para levar a cabo esta tarefa, pode ser preciso revelar a trama e o argumento da obra na súa totalidade. Moitos libros e películas, non obstante, perden parte do seu impacto dramático se se coñecen os detalles da trama antes de seren lidos ou vistas, en especial, as películas con trazo de argumentos dramáticos.

Constitúe unha parte tradicional da etiqueta en Internet durante estas discusións o ser advertido antes diso (en inglés faise co anuncio de spoilers). A Wikipedia adoitaba incluír previamente este tipo de avisos nalgúns artigos, mais esta práctica xa non se aplica, agás polo aviso de contido e os propios títulos das seccións do artigo (coma "Argumento" ou "Final") que xa implican a presenza de revelacións da trama.

Non é aceptable eliminar información dun artigo por pensar que revela partes da trama da obra tratada. Isto tampouco debe ser motivo para interferir co punto de vista neutral, ton enciclopédico, contido completo ou calquera outro elemento que afecte á calidade do artigo.

Porqué non se debe incluír un aviso de spoiler

editar

Os motivos para non incluír un aviso de que unha sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento son:

  1. Ningunha obra académica ou publicación profesional que describa ou analice unha obra de ficción (coma outras enciclopedias) inclúen avisos de revelación da trama ao tratar ditas obras.
  2. As seccións que adoitan levar avisos de revelación da trama ("Argumento", "Historia", "Final" etc.) xa teñen un nome descritivo que indica que conteñen detalles relacionados coa historia, facendo redundante o aviso.
  3. Etiquetar un detalle do argumento coma spoiler require o uso de opinións subxectivas para interpretar o significado do propio detalle e a capacidade que teña de alterar a percepción recibida ao gozar da propia obra. Isto é unha violación das políticas fundamentais Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria, Wikipedia:Verificabilidade e Wikipedia:Punto de vista neutral.

Excepción: O modelo Doenza e o aviso médico

editar

A caixa de información {{Doenza}}, incluído na maioría de artigos sobre doenzas, ten un texto simple e unha ligazón ao Wikipedia:Aviso médico na súa parte inferior. Isto serve coma reforzo do aviso médico da Wikipedia, debido a sensibilidade e posible impacto nos lectores que poidan ter os temas tratados neste tipo de artigos. Noutros artigos nos que non se inclúe {{Doenza}} pero que están relacionados con doenzas ou cuestións médicas pode aparecer desta mesma forma o modelo {{Aviso médico}}, polos mesmos motivos.