Wikipedia:Asistente para a creación de artigos/Relevancia de empresas
![]() Se un tema obtivo unha cobertura significativa por parte de fontes fiables independentes, suponse que si satisfai os criterios de inclusión para que conte cun artigo propio na enciclopedia. |
A maioría das empresas non teñen relevancia para Wikipedia. Poucas empresas e corporacións merecen duna entrada na enciclopedia. Existen millóns de empresas no mundo, mais unicamente unha cantidade pequena delas son suficientemente relevantes como para que deba considerarse a súa inclusión.
Buscando a relevancia das empresas ou dos seus produtos
Para ser incluída en Wikipedia, a empresa ten que ser:
- materia de varias publicacións recoñecidas, considerando fontes independentes á propia empresa, ou
- estar incluída en rankings de empresas importantes, sendo estes listaxes elaborados por publicacións recoñecidas e independentes, ou
- cotizar en bolsa.
Se escribes sobre un produto ou servizo dunha empresa, ese produto ou servizo ten que ser:
- materia de varias publicacións recoñecidas, considerando fontes independentes á propia empresa que ofrece o produto ou o servizo, ou
- ser tan recoñecido que a súa marca sexa empregada coma unha denominación xenérica.
Conflito de intereses, publicidade e promoción
Se estás estreitamente vencellado coa empresa da que desexas escribir, tes un conflito de intereses e resultarache difícil escribir un artigo enciclopédico de calidade e neutral. Probablemente serache complicado redactalo de xeito que a outros editores non lle pareza promocional, e empregar Wikipedia para fins publicitarios ou promocionais é algo que atenta contra una importante política de Wikipedia. Por iso, se o artigo que escribes asemella publicitario ou non cumpre coas pautas de relevancia descritas máis arriba, o máis probable é que sexa borrado de inmediato. O mellor consello nestes casos: non fagas nada: Se a túa empresa é relevante, antes ou despois alguén escribirá sobre ela. No entanto poderías buscar na lista de artigos solicitados algún outro tema para escribir acerca del.
Cumpre o artigo que propós cos requirimentos de relevancia?
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/35/Arrow_icon.svg/25px-Arrow_icon.svg.png)