Wikipedia:Artigo destacado/outubro 2012

Cataluña (en catalán: Catalunya, en aranés: Catalonha) é un país situado no nordeste da Península Ibérica constituído como unha comunidade autónoma española. Nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación, segundo se expresa no seu estatuto de autonomía:

O Parlamento de Cataluña, recollendo o sentimento e a vontade da cidadanía de Cataluña, definiu de forma amplamente maioritaria Cataluña como nación. A Constitución española, no seu artigo segundo, recoñece a realidade nacional de Cataluña como nacionalidade.
Preámbulo do Estatuto de Autonomía de Cataluña do ano 2006.