Wikipedia:Artigo destacado/maio 2009

O Campionato mundial de baloncesto de 2006 (tamén chamado Mundobasket 2006) disputouse en Xapón entre o 19 de agosto e o 3 de setembro de 2006. Foi o número XV, e por primeira vez dende o campionato de 1986 houbo 24 seleccións participantes.

Os organizadores son a Federación Internacional de Baloncesto (FIBA), a Asociación Xaponesa de Baloncesto (JABBA) e o Comité organizador do campionato mundial de baloncesto de 2006.

O título foi gañado por España, que derrotou na final a Grecia por 70-47, sendo para ámbalas dúas seleccións as primeiras medallas nun mundial. A medalla de bronce foi gañada por Estados Unidos tras derrotar a Arxentina na final de consolación por 96-81.