Wikipedia:Artigo destacado/agosto 2007
Historia da escravitude. A escravitude pode ser rastrexada nos máis antigos textos, como o Código de Hammurabi, en Mesopotamia, datado no segundo milenio a.C., que xa se refire ao escravismo como unha institución arraigada. O traballo forzado de mulleres nalgunhas culturas antigas e modernas pode ser identificado con escravitude. Neste caso adoita incluír servizos sexuais.