Wideband (satélite)

(Redirección desde «Wideband»)

Wideband, tamén coñecido como P76-5, foi un satélite artificial lanzado o 22 de maio de 1976 mediante un foguete Scout B1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]

P76-5 / Wideband
TipoCientífico / Tecnolóxico
OrganizaciónDepartamento de Defensa dos Estados Unidos
Destino actualEn órbita.[1]
Data de lanzamento22 de maio de 1976, 7:42 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorScout B1[2][5]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo da propagación das ondas de radio a través da ionosfera terrestre.[2][6]
NSSDC ID1976-047A
Masa73 kg[5]
Datos orbitais
Semieixo maior7386 km[1]
Inclinación99,7 graos[1]
Apoapse1046,9 km[1]
Periapse984,6 km[1]

Características editar

Wideband foi inxectado nunha órbita inicial de 1058 km de apoxeo e 998 km de perixeo, cun período orbital de 105,6 minutos e 99,9 graos de inclinación orbital.[3]

A misión de Wideband foi estudar o efecto da propagación das ondas de radio e radar a través do plasma da ionosfera terrestre.[1][2][5][6]

O satélite foi construído usando a unidade número 15 da serie de satélites de navegación Transit-O, modificándoa para a misión. Estabilizábase mediante gradiente gravitatorio grazas a un mastro despregable. A enerxía era proporcionadao por catro paneis solares. A carga útil do satélite consistía exclusivamente na radiobaliza DNA-002, capaz de emitir en varias frecuencias entre a VHF e a banda S. Considérase que Wideband cumpriu o 80% dos seus obxectivos. As investigacións do satélite foron continuadas anos máis tarde pola misión HILAT.[1][2][5][6]

Resultados editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "P 76-5" (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (26 de agosto de 2014). "P76-5" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 8 September 1976 from the Acting Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (76-17194). 16 de setembro de 1976: 4. Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  4. Claude Lafleur (2010). "P-76-5 / NNS O-15" (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2015). Gunter's Space Page, ed. "Wideband (P76-5)" (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "P 76" (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar