Why Women Kill é unha serie de televisión web estadounidense creada por Marc Cherry para CBS All Access. Trátase dunha comedia dramática de humor negro ambientada en varios períodos temporais. Estreouse o 15 de agosto de 2019 e a súa primeira tempada conta con 10 episodios.[1] Pouco despois de rematar a emisión da primeira tempada, anunciouse que a serie renovará para facer unha segunda tempada.[2]

Why Women Kill
FormatoSerie de televisión
Creado porMarc Cherry
IntérpretesLucy Liu
Ginnifer Goodwin
Kirby Howell-Baptiste
Alexandra Daddario
Sam Jaeger
Sadie Calvano
Jack Davenport
Reid Scott
Tema de apertura"L-O-V-E" de Michael Feinstein
País de orixeEstados Unidos de América
Lingua(s)Inglés
Temporadas2
Episodios20 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Marc Cherry
Michael Hanel
Mindy Schultheis
Brian Grazer
Francie Calfo
Marc Webb
Duración46-56 minutos (aprox.)
DistribuidorCBS Television Distribution
Emisión orixinal
Canle de orixeCBS All Access
Primeiro episodio15 de agosto de 2019
Na rede
https://www.paramountplus.com/shows/why-women-kill/, https://www.dubaione.ae/content/dubaione/en-ae/programs/4/WhyWomenKill.html, https://www.mbc.net/ar/programs/why-women-kill.html e https://www.mbc.net/ar/programs/why-women-kill-s2.html
IMDB: tt9054904 Filmaffinity: 226949 Allocine: 24205 Rottentomatoes: tv/why_women_kill Metacritic: tv/why-women-kill TV.com: shows/why-women-kill
Facebook: ShahidVOD/videos/جريمة-دراما-كوميدية-why-women-kill-يُعرض-الآن-على-شاهد-vip/669741463789481 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

A serie trata sobre tres mulleres de diferentes décadas cuxas vidas están conectadas polo feito de vivir na mesma mansión de Pasadena (California) e por experimentar infidelidade nos seus matrimonios. Beth Ann Stanton (Ginnifer Goodwin) vive en 1963 como unha abnegada ama de casa até que sabe das infidelidades do seu marido, Simone Grove (Lucy Liu) descobre a homosexualidade do seu terceiro marido e comeza unha relación cun home moito máis novo en 1984, e a pesar de ter un matrimonio aberto en 2019, Taylor Harding pon a proba a súa relación cando ela e o seu marido se senten atraídos pola mesma muller. A infidelidade de cada matrimonio desencadea unha serie de acontecementos que leva a cada unha das mulleres a matar unha persoa.[3]

Elenco e personaxes editar

1963 editar

Principais

Secundarios

  • Alicia Coppola como Sheila Mosconi, veciña e amiga de Rob e Beth Ann.
  • Adam Ferrara como Leo Mosconi, veciño de Rob e Beth Ann e marido de Sheila.[5]
  • Lindsey Kraft como Claire, secretaria de Rob.
  • Spencer Garrett como Hal Burke, xefe de Rob.
  • Peri Gilpin como Vivian Burke, muller de Hal.
  • Analeigh Tipton como Mary Vlasin, veciña de Rob e Beth Ann e dona de Ralph, de quen é vítima de violencia doméstica.
  • Scott Porter como Ralph Vlasin, veciño de Rob e Beth Ann e marido Mary.
  • Ava Scarola como Emily Stanton, filla finada de Rob e Beth Ann.[6]
  • Catherine Curry como Elsie Warner, filla de April e Rob.[6]

1984 editar

Principais

  • Lucy Liu como Simone Grove, unha muller de clase alta casada con Karl.[4]
    • Harmonie He como Simone Grove (de nena).
  • Jack Davenport como Karl Grove, terceiro marido de Simone.[4]

Secundarios

  • Katie Finneran como Naomi Harte, amiga de Simone e nai de Tommy.
  • Leo Howard como Tommy Harte, fillo de Naomi e romance de Simone.[4]
  • Li Jun Li como Amy Lin, filla de Simone do seu primeiro matrimonio.[7]
  • Charlie DePew como Brad Jenkins, prometido de Amy.
  • Ken Garito como oficial de policía que confunde a Simone cunha prostituta.
  • Christine Estabrook como Joyce Dubner, veciña de Simone.
  • Philip Anthony-Rodriguez como Hector, amante de Karl.
  • Dale Dickey como Ruby Jenkins, nai de Brad.
  • Robert Craighead como Dwight Jenkins, pai de Brad.
  • Hayley Hasselhoff como Patt Jenkins, irmá de Brad.

2019 editar

Principais

  • Kirby Howell-Baptiste como Taylor Harding, avogada feminista e bisexual, ten un matrimonio aberto con Eli.[4]
    • Kendall Denise Clark como Taylor Harding (de nena).
  • Alexandra Daddario como Jade / Irene Tabatchnick, amante bisexual de Taylor.[4]
  • Reid Scott como Eli Cohen, guionista e marido de Taylor.[4]

Secundarios

  • Kevin Daniels como Lamar, axente de Eli.
  • Kevin McNamara como Duke, antiga parella de Jade.
  • Saidha Arrika Ekulona como irmá de Taylor.
  • Christina Anthony como Velma, irmá de Taylor.
  • Odelya Halevi como Willow, modelo de Instagram e amiga de Jade.
  • Kevin William Paul como Mischa, modelo de Instagram e amigo de Jade.

Notas editar

  1. Pedersen, Erik (4 de xuño de 2019). "'Why Women Kill' Premiere Date: CBS All Access Sets Marc Cherry Dark Dramedy For Summer". Deadline Hollywood. Consultado o 22 de xullo de 2020. 
  2. Schwartz, Ryan (16 de outubro de 2019). "Why Women Kill Renewed for Season 2, to Focus on New Characters". TVLine. Consultado o 22 de xullo de 2020. 
  3. Andreeva, Nellie (24 de setembro de 2018). "CBS All Access Orders Infidelity Dramedy Series 'Why Women Kill' From Marc Cherry & Imagine TV Studios". Deadline Hollywood. Consultado o 24 de setembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 "Why Women Kill Cast". CBS. Consultado o 15 de agosto de 2019. 
  5. Petski, Denise (17 de abril de 2019). "'Why Women Kill': Adam Ferrara To Recur On CBS All Access Series". Deadline Hollywood. Consultado o 17 de abril de 2019. 
  6. 6,0 6,1 "Why Women Kill". ViacomCBS Press Express. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2020. 
  7. Petski, Denise (7 de agosto de 2019). "'Why Women Kill' Casts Li Jun Li; Emily Swallow Joins 'SEAL Team'". Deadline Hollywood. Consultado o 7 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar