Who's Next é o quinto álbum da banda inglesa de rock The Who, publicado en agosto de 1971. Desenvolveuse a partir do proxecto abortado Lifehouse, unha ópera rock multimedia escrita por Pete Townshend como continuación do álbum Tommy de 1969. O proxecto cancelouse debido á súa complexidade e a conflitos con Kit Lambert, o representante do grupo, pero persuadiron a Townshend para gravar as cancións para un álbum de estudio normal.

Who's Next
Álbum de The Who
Publicadoagosto de 1971
Gravaciónabril - xuño de 1971
Estudio(s)Olympic Studios, Londres e o estudio móbil dos Rolling Stones
Duración43:38
Xénero(s)hard rock
Selo(s)Track, Decca
Producido porThe Who, Glyn Johns (produtor asociado)
Cronoloxía
Live at Leeds Who's Next Meaty Beaty Big and Bouncy

The Who gravou Who's Next coa asistencia do enxeñeiro de son Glyn Johns. Tras producir a canción "Won't Get Fooled Again" no estudio móbil dos Rolling Stones, trasladáronse aos Olympic Studios para gravar e mesturar a meirande parte das restantes cancións do traballo. A banda fixo un grande uso dos sintetizadores no álbum, particularmente en "Won't Get Fooled Again" e "Baba O'Riley", que foron publicadas como sinxelos. A fotografía da portada foi feita por Ethan Russell e fai referencia ao monólito da película de 1968 2001: Unha odisea do espazo, e nela aparecen os membros da banda despois de ouriñar contra un piar de cemento situado sobre un monte de escoura.

Who's Next foi un éxito inmediato tras ser editado. Dende entón foi visto por moitos críticos como o mellor disco de The Who e un dos mellores álbums de todos os tempos. Foi reeditado en CD varias veces con cancións adicionais orixinalmente creadas para Lifehouse.

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Pete Townshend, agás "My Wife" por John Entwistle

Cara 1
N.º TítuloVoz principal Duración
1. "Baba O'Riley"  Roger Daltrey (estrofas), Townshend (ponte) 5:08
2. "Bargain"  Daltrey (estrofas), Townshend (ponte) 5:34
3. "Love Ain't for Keeping"  Daltrey 2:10
4. "My Wife"  Entwistle 3:41
5. "The Song Is Over"  Townshend (estrofas), Daltrey (estribillos) 6:14
Cara 2
N.º TítuloVoz principal Duración
6. "Getting in Tune"  Daltrey 4:50
7. "Going Mobile"  Townshend 3:42
8. "Behind Blue Eyes"  Daltrey 3:42
9. "Won't Get Fooled Again"  Daltrey 8:32

Cancións extra de 1995 editar

Cancións extra da reedición en CD
N.º Título Duración
10. "Pure and Easy" (Original Version) 4:22
11. "Baby Don't You Do It" (Holland-Dozier-Holland) 5:15
12. "Naked Eye" (ao vivo no Young Vic 26/4/71) 5:31
13. "Water" (ao vivo no Young Vic 26/4/71) 6:26
14. "Too Much of Anything" (versión orixinal) 4:25
15. "I Don't Even Know Myself"   4:56
16. "Behind Blue Eyes" (versión orixinal) 3:25

Edición deluxe de 2003 editar

O primeiro disco da edición deluxe contén os nove temas do álbum orixinal coa mestura deste, seguidos por seis descartes, dos cales "Getting in Tune" e "Won't Get Fooled Again" eran inéditos. Os seis descartes foron gravados durante as sesións en Record Plant en marzo de 1971.[1]

Os temas dos segundo disco foron gravados no Young Vic Theatre, Londres, o 26 de abril de 1971. Todas as cancións publicáranse anteriormente agás "Water" e "Naked Eye".[2]

Disco 1
N.º Título Duración
1. "Baba O'Riley"   5:01
2. "Bargain"   5:33
3. "Love Ain't for Keeping"   2:10
4. "My Wife"   3:35
5. "The Song Is Over"   6:17
6. "Getting in Tune"   4:49
7. "Going Mobile"   3:43
8. "Behind Blue Eyes"   3:42
9. "Won't Get Fooled Again"   8:35
10. "Baby Don't You Do It" (versión máis longa) 8:21
11. "Getting in Tune" (versión alternativa) 6:36
12. "Pure and Easy" (versión alternativa) 4:33
13. "Love Ain't For Keeping" (versión eléctrica con Townshend na voz principal) 4:06
14. "Behind Blue Eyes" (versión alternativa) 3:30
15. "Won't Get Fooled Again" (versión orixinal das sesións en Nova York) 8:48
Disco 2
N.º Título Duración
1. "Love Ain't For Keeping"   2:57
2. "Pure and Easy"   6:00
3. "Young Man Blues"   4:47
4. "Time Is Passing"   3:59
5. "Behind Blue Eyes"   4:49
6. "I Don't Even Know Myself"   5:42
7. "Too Much of Anything"   4:20
8. "Getting in Tune"   6:42
9. "Bargain"   5:46
10. "Water"   8:19
11. "My Generation"   2:58
12. "Road Runner" (Ellas McDaniel) 3:14
13. "Naked Eye"   6:21
14. "Won't Get Fooled Again"   8:50

Notas editar

  1. Atkins 2003, p. 24
  2. Atkins 2003, p. 25