Cetancodontamorfos

clado de tetrápodos
(Redirección desde «Whippomorpha»)
Cetacodontamorfos
Cetacodontamorpha

Recreación de Andrewsarchus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Cetruminantia
(sen clasif.): Cetancodontamorpha
Spaulding et al., 2009
Subtaxa

Cetacodontamorfos (Cetancodontamorpha) tamén denominados pancetancodontos (Pancetacodonta), cetancodontos (Cetancodonta) ou wipomorfos (Whippomorpha) é un clado de artiodáctilos que foi definido en 2009 por Spaulding et al,[1] como "cetancodontos máis todos os taxons extintos máis cercanamente relacionados cos membros actuais de cetancodontos que a calquera outra especie vivente".

Consideracións filoxenéticas xerais editar

O dos cetancodontos é un clado ou grupo coroa que comprende aos cetáceos e aos seus parentes vivos máis achegados, os hipopótamos.[2][3]

Segundo Spaulding et al., entre os membros basais dos cetancodontos se inclúen taxons como a familia Entelodontidae e o xénero Andrewsarchus.[1]

Sería un subgrupo dos cetartiodáctilos (que tamén inclúe aos suínos e aos ruminantes).

Non está claro como as baleas e os hipopótamos comparten un antepasado común, aínda que as evidencias xenéticas son importantes, e suxiren que os cetáceos xurdiron dentro dos artiodáctilos, o que implicaría que este último graupo sería parafilético.[2]

Cladograma editar

   Cetartiodactyla   

 Tylopoda

   Artiofabula   

 Suina    

   Cetruminantia   

 Ruminantia

   Cetacodontamorpha   

 Hippopotamidae

 Cetacea

A posición dos cetáceos (baleas e golfiños) con respecto aos Tylopoda suscita un problema central. Mentres que unha estreita relación entre estes e os ungulados xa fora proposta por Frank Evers Beddard en 1900 e é xeralmente aceptada hoxe en día, os cetáceos diverxeron radicalmente do estilo de vida dos seus antepasados yanto como para confundir as análises de fósiles e mesmo de ADN. Os Tylopoda, por outro lado, foron extremadamente conservadores no seu estilo de vida e (como ruminantes) parece que utilizaron o mesmo nicho ecolóxico desde a súa orixe hai máis de 40 millóns de anos. Así, parece que a suposición anterior dunha estreita relación entre os tilópodos e os ruminantes débese simplemente ao feito de que todos os demais parentes achegados (balenas, porcos etc.) son tan diverxentes nas súas adaptacións que escureceron máis os indicios de relación, ou polo menos esas análises visíbeis análises fenéticas. Porén, a posición máis basal que os Tylopoda parecen ter entre as familias dos artiodáctilos significa que os membros máis antigos desta liñaxe son morfoloxicamente moi primitivos e difíciles de distinguir dos antepasados das liñaxes relacionadas. A primeira análise principal moderna e completa do problema (en 2009) apoua isto; mentres que algúns taxa tradicionalmente considerados como Tylopoda podería confirmar que pertencen a esta suborde (e uns poucos refutados), a delimitación deste grupo é aínda moi disputada a pesar de (ou por mor de) un extenso rexistro fósil.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Spaulding, M.; O'Leary, M. A. & Galesy, J. (2009): "Relationshirops of Cetacea (Artiodactyla) Among Mammals: Increased Taxon Sampling Alters Interpretations of Key Fossils and Character Evolution" PLoS ONE 4 (9): e7062.
  2. 2,0 2,1 Robin M. D. Beck, Olaf R. P. Bininda-Emonds, Marcel Cardillo, Fu-Guo Robert Liu and Andy Purvis (2006): A higher-level MRP supertree of placental mammals BMC Evolutionary Biology 6: 93.
  3. Waddell, P. J.; Okada, N. & Hasegawa, M. (1999): "Towards Resolving the Interordinal Relationships of Placental Mammals" Systematic Biology 48 (1): 1–5.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Price, S. A.; O. R. P. Bininda-Emonds & J. L. Gittleman (2005): "A complete phylogeny of the whales, dolphins and even-toed hoofed mammals (Cetartiodactyla)". Biological Review 80 (3): 445-473. Resume.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar