When God Was a Woman

When God Was a Woman é un libro de 1976 escrito pola escultora e historiadora da arte Merlin Stone. Baseándose no traballo de Margaret Murray e Robert Graves, Stone popularizou o matriarcado prehistórico e das civilizacións antigas pagás, describindo as sociedades antigas, abranguendo o Antigo Exipto, como paraísos matriarcais destruídos polo patriarcalismo indoeuropeo. Ela conclúe que os hebreos, por mor do patriarcalismo que os caracteriza "deben ter sido indoeuropeos", praticando misoxinia e odio á adoración da Deusa nai na sociedade israelita, a cal conecta co posterior desenvolvemento do cristianismo.

When God Was a Woman
Título orixinalWhen God Was a Woman
Autor/aMerlin Stone
OrixeEstados Unidos de América
LinguaInglés
Xénero(s)Ensaio
EditorialBarnes and Noble
Data de pub.1976
ISBNISBN 0-15-696158-X
editar datos en Wikidata ]

Traducións editar

Foi publicado no Reino Unido baixo o título The Paradise Papers: The Suppression of Women's Rites. Foi traducido ó francés como Quand Dieu était femme (SCE-Services Complets d'Edition, Québec, Canadá) en 1978, ó neerlandés como Eens was God als Vrouw belichaamd – De onderdrukking van de riten van de vrouw en 1979, ó alemán como Als Gott eine Frau war en 1989 e ó italiano como Quando Dio era una donna en 2011.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Philip G. Davis, Goddess Unmasked, Spence Publishing, Nova York, 1998. ISBN 0-9653208-9-8; review: R. Sheaffer, Skeptical Inquirer (1999)[1]