Webmin

interface web para administración de servidores

Webmin é unha aplicación web pensada para a administración de servidores dende calquera navegador licenciada baixo licenza BSD. Este software fai que os servidores poidan ser manexados de xeito remoto e cunha interface amigable, tendo cada servidor o seu propio panel de control en modo GUI, sen necesidade de usar unha terminal en liña de comandos.

Características

editar
 
Inserindo credenciais en Webmin.

Desenvolvido na versión 5.002 da linguaxe Perl, Webmin permite o control de moitos dos principais servidores utilizados hoxe en día (BIND, ProFTPD, Apache, Samba, MySQL, PostgreSQL, SSH, etc). O seu porto por defecto é o 10000 [1]

Está optimizado principalmente para sistemas Unix sendo Linux onde é máis corrente atopalo, inda que pode ser usado en sistemas Windows cunha funcionalidade algo limitada[2].

Unha característica deste xestor é a sinxeleza coa que se manexa a paquetería de software para a instalación de novos programas ou a actualización dos mesmos, xa que as dependencias son resoltas de xeito automático por Webmin. A parte negativa deste proceso é que o administrador dos sistemas terá que confiar nos repositorios de Webmin [3]. Por outra banda, a interface gráfica non é tan potente ou flexible como a liña de comandos.

Existen moreas de plugins para o programa cos que pode ser personalizado para conseguiren certas características coas que non conta a aplicación cando se instala, sendo este un programa de xestión modular [4]

Ten soporte para moitas linguas, entre elas todos os idiomas oficiais na Península Ibérica (castelán, portugués, catalán, éuscaro e inglés) agás o idioma galego[5].

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar