Weapons of Math Destruction

libro de Cathy O'Neil (2016)

Weapons of Math Destruction (en galego, Armas de destrución matemática) é un libro de 2016 escrito pola estadounidense Cathy O'Neil. O subtitulo do libro resume a demoledora tese principal do libro: How Big Data Increases Inequality and Threatens Democracy (en galego: Como o Big Data aumenta a desigualdade e ameaza a democracia).[1] Nel analiza o impacto social do Big Data e dalgúns algoritmos que provocan o aumento da desigualdade.

Weapons of Math Destruction
Autor/aCathy O'Neil
OrixeEstados Unidos de América
Lingualingua inglesa
Xénero(s)non ficción
EditorialCrown Books
Data de pub.2016
editar datos en Wikidata ]

Foi foi nomeado para o Premio Nacional do Libro 2016 pola categoría de non ficción,[2][3][4] mais non conseguiu pasar da lista de finalistas. En troques, si acadou o Premio Euler do Libro no 2019, outorgado pola Asociación Matemática de América (MAA, Mathematical Association of America).[5]

Descrición xeral editar

O'Neil di que nunha variedade de campos -desde seguros ata publicidade, pasando pola educación ata a vixilancia- os big data e os algoritmos poden levar a decisións que prexudican aos pobres, reforzan o racismo e amplifican a desigualdade. Ela afirma que estas ferramentas matemáticas problemáticas comparten tres características fundamentais: son opacas, escalables e inxustas.

Recepción editar

O libro recibiu eloxios xeneralizados por dilucidar as consecuencias da dependencia dos modelos de big data para estruturar os recursos socioeconómicos. Clay Shirky de The New York Times Book Review dixo que "O'Neil fai un traballo maxistral explicando a omnipresencia e os riscos dos algoritmos que regulan as nosas vidas", ao tempo que sinalou que "a sección sobre solucións é máis débil que a ilustración do problema".[6] Kirkus Reviews eloxiou o libro por ser "unha discusión inusualmente lúcida e lexible" dun tema técnico.[7]

Notas editar

  1. Jiménez, Raúl (2 de febreiro de 2018). "Armas de destrucción matemática, Cathy O’Neil (Capitán Swing, 2018)". indienauta.com (en castelán). Consultado o 25 de abril de 2023. 
  2. Rawlins, Aimee (6 de setembro de 2016). "Math is racist: How data is driving inequality". cnn.com (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2023. 
  3. "Weapons of Math Destruction: How Big Data Increases Inequality and Threatens Democracy". nationalbook.org (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2023. 
  4. Redacción (14 de setembro de 2013). "The National Book Awards Longlist: Nonfiction". newyorker.com (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2023. 
  5. "Prizes and Awards" (PDF). ams.org (en inglés). pp. 6–7. Consultado o 25 de abril de 2023. 
  6. Sharkly, Clay (3 de outubro de 2016). "People and Technology". nytimes.com (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2023. 
  7. Redacción (19 de xullo de 2016). "WEAPONS OF MATH DESTRUCTION. HOW BIG DATA INCREASES INEQUALITY AND THREATENS DEMOCRACY". kirkusreviews.com (en inglés). Consultado o 25 de abril de 2023.