Porta de Auga de Snits
A Porta de Auga de Snits ( Watterpoarte en frisón e Waterpoort en neerlandés) é unha porta sobre a auga que data de 1613 e que forma parte da antiga muralla da cidade frisoa de Snits, que a conectaba co porto situado ao suroeste da cidade, que servía ao comercio da ruta entre as cidades de Ljouwert e Starum, que conectaba coas rutas de Holanda. Aínda que a comezos do século XVIII se botou abaixo o muro, esta porta de auga deixouse intacta,[1] mentres que o resto das portas, tanto de auga como de terra, se destruíron totalmente.
Historia
editarA porta orixinal levantouse xunto co resto do muro da cidade contra 1492, coñecíase co nome de Hoogendster pijp , e en 1613 construíuse a actual porta ornamental ao perder a súa función militar, que pasou a ser o símbolo da cidade. O seu estilo pódese describir como manierista, non se sabe con certeza quen o deseñou, aínda que se suxeriron nomes como o de Thomas Berentsz ou Jacob Lous. Sobre a porta álzase unha loggia e sobre ela estaban os cuartos dos vixilantes. En cada lado hai unha torre octogonal. Está declarado Monumento Nacional.[2] A partir de 1825 perdeu a súa función ao deixar de se pechar polas noites.
Notas
editar- ↑ Stenvert, R. et al. (2000). Monumenten in Nederland: Fryslân, p. 277, 281
- ↑ "kich.nl (Kennisinfrastructuur Cultuurhistorie)". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. Consultado o 2010-08-27.