Wang Yaping
Wang Yaping é unha piloto e astronauta chinesa.[1] Wang foi a segunda muller astronauta nomeada pola CNSA e a segunda muller chinesa no espazo.
Nome orixinal | (zh) 王亚平 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | xaneiro de 1980 (44 anos) Yantai, República Popular da China (pt) |
Educación | PLA Air Force Aviation University (en) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, military transport pilot (en) |
Partido político | Partido Comunista de China |
Carreira militar | |
Rango militar | Da Xiao (en) |
Tempo no espazo | 197 días e 1 minuto |
Misión do astronauta | |
Premios | |
|
Carreira
editarWang é capitá da Forza Aérea do Exército Popular de Liberación.[2]
Foi candidata para a misión espacial Shenzhou 9 [3] Non obstante, Liu Yang foi seleccionada para a histórica misión da primeira muller chinesa en viaxar ao espazo. Wang era membro da tripulación de reserva do SZ-9. [4]
Wang converteuse na segunda muller astronauta chinesa como membro da tripulación da nave espacial Shenzhou 10, que orbitaba a Terra en xuño de 2013,[5] e da Tiangong-1 que orbitaba á estación espacial na que atracou. [6] Foi a primeira persoa da tripulación que se anunciou, en abril, mentres que o resto da tripulación foi anunciada en xuño. Wang Yaping foi unha das dúas mulleres no espazo para o 50 aniversario de Vostok 6, o primeiro voo espacial dunha muller, Valentina Tereshkova . A outra muller no espazo, o 16 de xuño de 2013, era Karen Nyberg, unha astronauta estadounidense a bordo da Estación Espacial Internacional.[7] Mentres estaba a bordo do Tiangong-1, Wang realizou experimentos científicos e ensinou unha lección de física a estudantes chineses a través da transmisión de televisión en directo.[8] Wang participou tamén na misión Shenzhou 13, de 182 días de duración e que foi lanzada o 15 de outubro de 2021.[9]
Notas
editar- ↑ Identity of one of the Chinese female taikonaut candidates revealed NASAspaceflight.com
- ↑ Becker, Joachim. "Taikonaut (yuhangyuan) Biography: Wang Yaping". Consultado o 11 de abril de 2018.
- ↑ "China readies three taikonauts for station visit". Planetary Society. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2012. Consultado o 31 de outubro de 2021.
- ↑ Morris Jones (3 de abril de 2013). "Shenzhou's Shadow Crew". Space Daily.
- ↑ William Harwood (25 de junio de 2013). "Chinese astronauts complete space mission, return to Earth". Consultado o 15 de outubro de 2013.
- ↑ "China to launch Shenzhou-10 manned spacecraft on June 11". Xinhua. 10 de xuño de 2012. Consultado o 10 de xuño de 2012.
- ↑ Ken Kremer (16 de xuño de 2013). "Cosmonaut Valentina Tereshkova; 1st Woman in Space 50 Years Ago! Ready for Mars". Universe Today.
- ↑ "Successful start for China's fifth human spaceflight". Spaceflight Now. 11 de xuño de 2013. Consultado o 11 de xuño de 2013.
- ↑ NASA (28 de outubro de 2022). "SZ 13" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2024.