Walije Gondwe

escritora de Malaui

Walije Gondwe, nada en Kayiwonanga (distrito de Mzimba) en 1936, é unha escritora de Malaui, a primeira muller do país en publicar unha novela. A maior parte dos seus libros son obras de literatura infantil e xuvenil publicados nas décadas de 1980 e 1990. Dirixe o proxecto educativo Vinjeru.

Infotaula de personaWalije Gondwe
Biografía
Nacemento1936 Editar o valor em Wikidata (87/88 anos)
Niassalândia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMalaui Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista Editar o valor em Wikidata
Período de actividadedécada de 1970 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu nunha familia de devoción cristiá.[1] Varios anos despois de deixar a escola comezou a prepararse como administrativa, e gañou unha bolsa para completar os seus estudos no Reino Unido. A bolsa foi anulada por mor da situación política en Malaui, pero Gondwe permaneceu en Inglaterra.[1]

O seu libro Will the African Flowers Bloom, debido ás dificultades para publicar en Londres na década de 1970, foi abandonado cando un selo de Oxford University Press entrou en crise.[2] En 1985 publicou o seu primeiro libro, Love's Dilemma, editado por Macmillan Publishers na serie Pacesetter Novels. Desde entón foi considerada a primeira muller novelista de Malaui[3] ou "unhas das primeiras mulleres escritoras do país".[1] Se ben outras mulleres seguiron os seus pasos, aínda non hai moitas mulleres escritoras en Malaui. En 2013 o presidente da Unión de Escritores de Malaui dixo que as únicas mulleres escritoras coñecidas do país eran Emily Mkamanga, Walije Gondwe e Janet Karim.[4] En 1994 publicou Double Dating, a súa obra máis vendida.

En 1999, logo de deixar a escrita, fundou o proxecto educativo Vinjeru, que recolle libros e material educativo no Reino Unido para levalo a Malaui, especialmente ás áreas máis remotas do país.[5] Gondwe vive entre o Reino Unido e Malaui.[5] En 2016 recibiu o Lifetime Achiever Award da Malawi High Commission]] en Londres, que premia o traballo das persoas de Malaui na diáspora.[6]

Gondwe ten unha filla e un fillo.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Malawi's first female writer, Walije Gondwe!". The Nation. 30 de outubro de 2011. 
  2. Davis, C. (2013). Creating Postcolonial Literature: African Writers and British Publishers. Palgrave Macmillan. 
  3. Eckstein, L. (ed.). English Literatures Across the Globe: A Companion. pp. 122–123. 
  4. "Mawu decries poor women participation". The Nation. 26 de setembro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 "Who we are". Vinjeru Education. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2018. Consultado o 04 de agosto de 2019. 
  6. "Malawi Awards UK Biggest Event - High Commission". Nyasa Times. 18 de abril de 2016.