Wakayama
A cidade de Xapón, a capital da prefectura de Wakayama
| |||
Mapa | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización de Wakayama na prefectura de Wakayama | |||
![]() | |||
Localización da prefectura de Wakayama no Xapón | |||
Información | |||
País | ![]() | ||
Illa | Honshu | ||
Rexión | Rexión de Kinki | ||
Prefectura | Prefectura de Wakayama | ||
Superficie | 209,23 km² | ||
Poboación | 370.086 (2009) | ||
Densidade | 1.770 hab./km² | ||
Alcalde | Ken'ichi Ōhashi |
Wakayama (和歌山市, わかやまし, Wakayama-shi) é un concello xaponés, capital da prefectura de Wakayama. Está situado ao suroeste da rexión de Kinki, ao noroeste da prefectura, na illa de Honshu. A súa superficie é de 209,23 km² e a poboación de 370.086 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.770 hab./km².
O concello de Wakayama limita cos concellos de Kainan, Kinokawa, Iwade (da prefectura de Wakayama); de Misaki e Hannan (da prefectura de Osaca).
Universidades Editar
- Universidade de Wakayama (和歌山大学) - Universidade estatal
- Universidade de medicina da prefectura de Wakayama (和歌山県立医科大学)
Cidades irmandadas Editar
- Bakersfield (1961)
- Richmond (1973)
- Jinan (1983)
- Jeju (1987)