W altanie

pintura de Aleksander Gierymski

W altanie (en galego, No cenador) é unha pintura ao óleo do pintor realista polaco Aleksander Gierymski en 1882. Exhíbese no Museo Nacional de Varsovia, en Polonia.[1]

W altanie
e

Descrición editar

A pintura mostra unha reunión social dun grupo de aristócratas retratados con roupa do século XVIII, que ten lugar un día de verán nun cenador nun xardín. No centro hai cinco figuras que manteñen unha conversación: catro sentadas xunto a unha mesa e mais unha de pé ao lado. Sobre a mesa hai un mantel branco, copas e un decantador medio cheo de viño. O fondo consiste nun enreixado á dereita e árbores con outro grupo de persoas sentadas xunto a unha mesa á esquerda. Na esquina inferior esquerda da pintura hai un home inclinado sobre unha fonte e varias plantas postas en macetas. A pintura está chea de luz e cores profundas e vivas que xeran ao espectador unha atmosfera sensual dun caloroso día de verán.

Análise editar

W altanie foi pintado por Gierymski en 1882 despois da súa estancia en Roma e considérase que é o achegamento do artista ao impresionismo. Tamén foi o seu xeito de protestar contra a asociación das súas obras coa representación da vida dos pobres, que era un trazo característico das primeiras pinturas do artista. Quería demostrar aos críticos que as técnicas realistas de expresión artística poden representar varios tipos de escenas, incluídas as relacionadas coa vida das clases altas. O artista puxo moita atención nos detalles e decidiu vestir as figuras do cadro con elegantes roupaxes do século anterior para demostrar os seus dotes artísticos.[2][3] O traballo de Gierymski pódese comparar co dos impresionistas franceses contemporáneos, a pesar de que aínda non estivera en París e non hai evidencia de que el vise os seus traballos.[4][5]

Referencias editar