Władysław Horodecki

arquitecto ruso

Władysław Horodecki, nome completo Leszek Władysław Dezydery Horodecki (ucraíno: Лєшек Дезидерій Владислав Городецький), nado en Sholudky, Podillia (Imperio Ruso) o 4 de xuño de 1863 e finado en Teherán, Irán o 3 de xaneiro de 1930, foi un arquitecto polaco, máis coñecido polos seus edificios de estilo Art Nouveau en Kiev e Imperio ruso, como a Casa con Quimeras, a Catedral Católica de San Nicolás en Kiev e o Museo Nacional de Arte de Ucraína.

Władysław Horodecki
Horodecki Władysław. 1910.jpg
Nacemento23 de maio de 1863
 Sholudki
Falecemento3 de xaneiro de 1930
 Teherán
SoterradoDoulab Cemetery
NacionalidadePolonia, Imperio Ruso e Segunda República Polonesa
EtniaPobo polaco
Ocupaciónarquitecto
Coñecido porCatedral de São Nicolau e Casa com Quimeras
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Horodecki naceu no seo dunha familia nobre szlachta polaca da rexión de Podillia (a actual Nemyrivskyi Raion, no Óblast de Vinnytsia en Ucraína). Graduouse na Academia Imperial de Artes de San Petersburgo en 1890, trasladándose despois a Kiev onde viviu case trinta anos. En 1920 emigrou a Varsovia, trasladándose finalmente a Teherán, onde morreu en 1930.

Unha das rúas de Kiev, deseñada por Horodecki,[1] (entre a praza central de Kiev chamada Maidan Nezalezhnosti e a Casa con quimeras) foi rebautizada na súa honra en 1996. Historicamente a rúa chamábase Mykolaivska e durante a era soviética coñecíase como rúa Karl Marx.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. "Photoalbum". Official web-portal (en ucraíno). Autoridade Municipal de Kiev. Consultado o 14 de marzo de 2009. [Ligazón morta]

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar