Vought F4U Corsair

O Vought F4U Corsair foi un caza estadounidense que operou principalmente durante a segunda guerra mundial e a guerra de Corea. Deseñado e fabriicado inicialmente por Chance Vought, o Corsair pronto tivo unha gran demanda, polo que outorgáronse contratos de produción a Goodyear, cuxos Corsair foron designados FG, e Brewster, designados F3A.

Vought F4U Corsair
Tipocazabombardeiro embarcado
FabricanteVought
Goodyear
Brewster
Primeiro voo29 de maio de 1940
Introducido28 de decembro de 1942
Retirado1979
Principais usuariosArmada dos Estados Unidos
Corpo de Marines dos Estados Unidos
Royal Navy
Real Forz Aérea de Nova Zelandia
Unidades construídas12 571
VariantesGoodyear F2G Corsair

O Corsair deseñouse e operouse como un avión embarcado, e entrou en servizo en grandes cantidades coa Armada dos Estados Unidos a finais de 1944 e principios de 1945. Rapidamente converteuse nun dos cazabombardeiros embarcados máis capaces da segunda guerra mundial.[1] Algúns pilotos xaponeses considerábano o mellor caza estadounidense da guerra e os seus pilotos navais conseguiron unha proporción de derrubos de 11:1.[2][3] Problemas iniciais coas aterraxes en portaavións e loxística fixeron que quedase eclipsado polo caza embarcado dominante Grumman F6F Hellcat, impulsado polo mesmo motor Double Wasp que voou por vez primeira no primeiro prototipo do Corsair en 1940.[4] En cambio, o despregamento inicial do Corsair foi en escuadróns baseados en terra dos Marines e a Armada estadounidense.[5]

O Corsair serviu case exclusivamente como cazabombardeiro durante a guerra de Corea e durante as guerras coloniais francesas en Indochina e Alxeria. Ademais de ser usado polos Estados Unidos e o Reino Unido, o Corsair tamén foi usado pola Real Forza Aérea de Nova Zelandia, a Aviación Naval de Francia e outras forzas aéreas ata os anos 60.

Dende a entrega do primeiro prototipo á Armada en 1940, ata a derradeira entrega en 1953 a Francia, fabricáronse 12 571 F4U Corsair[6] en 16 versións distintas. O seu tempo en produción de 1942 ata 1953 foi o máis longo de calquera caza con motor de pistóns estadounidense.[7][8][9]

Desenvolvemento editar

En febreiro de 1938 a Oficina de Aeronáutica da Armada estadounidense publicou dous requirimentos para a proposta de cazas bimotores e monomotores. Para o caza monomotor a Armada solicitou a máxima velocidade posible, e unha velocidade de perda non superiora os 110 km/h. Especificouse un alcance de 1 600 km.[10] O caza tiña que levar catro canóns, ou tres con máis munición. Tiveron que facerse previsións para que as bombas antiaéreas se levasen na á. Estas pequenas bombas, segundo o pensamento da década dos 30, serían lanzadas sobre formacións de avións inimigos.

 
Prototipo do XF4U-1

En xuño de 1938 a Armada asinou un contrato con Vought por un prototipo coa designación de fábrica V-166B,[11] o XF4U-1. O equipo de deseño do Corsair estaba liderado por Rex Beisel. Tras a inspección da maqueta en febreiro de 1939, a construción do XF4U-1, impulsado por un prototipo XR-2800-4 do motor radial Pratt & Whitney R-2800 Double Wasp de dobre liña, 18 cilindros e 1 805 cabalos, avanzou rapidamente, xa que a primeira fuselaxe fora deseñada dende o principio para levar un Double Wasp.[11] Cando o prototipo estivo completo tiña o motor máis grande e potente, a hélice máis grande, e probablemente a maior á de calquera caza naval ata a data.[12] O primeiro voo do XF4U-1 foi o 29 de maio de 1940, con Lyman A. Bullard, Jr. aos controis. O voo transcorreu normalmente ata que se fixo unha aterraxe apresurada cando as palletas de axuste do elevador fallaron debido ao aleteo.[13][14]

O 1 de outubro de 1940 o XF4U-1 converteuse no primeiro caza monomotor estadounidense e voar máis rápido dos 640 km/h, voando a unha velocidade media de 652 km/h entre Stratford e Hartford. O bimotor da USAAC Lockheed P-38 Lightning voara por riba dos 640 km/h en xaneiro-febreiro de 1939.[15] O XF4U-1 tamén tiña unha excelente taxa de ascenso aínda que as probas revelaron que algúns requisitos tiñan que reescribirse. Nas probas de picado a plena potencia acadáronse velocidades de ata 890 km/h, pero causando danos ás superficies de control e paneis de acceso e, nun caso, un fallo de motor.[16] Os estándares de recuperación de barrena tamén tiveron que relaxarse, xa que a recuperación do xiro de dúas voltas requirido demostrouse imposible sen utilizar un paracaídas anti-barrena. Os problemas significaban claramente atrasos na entrada do avión en produción.

Os informes que chegaban da guerra en Europa indicaban que un armamento de dúas metralladoras sincronizadas de 7,62 mm montadas no capó do motor, e dúas metralladoras de 12,7 mm (unha en cada panel exterior da á) era insuficiente. As propostas de produción da Armada de novembro de 1940 especificaban un armamento máis pesado.[17] O aumento de armamento comprendía tres metralladoras de 12,7 mm montadas en cada panel da á. Esta mellora incrementou enormemente a habilidade do Corsair de derrubar avións inimigos.

As probas formais de aceptación da Armada para o XF4U-1 comezaron en febreiro de 1941. A Armada asinou unha carta de intención o 3 de marzo de 1941, recibindo a proposta de produción de Vought o 2 de abril, e premiando á compañía cun contrato por 584 cazas F4U-1 que recibiron o nome de "Corsair" o 30 de xuño (o nome heredouse do biplano naval Vought O2U Corsair de finais dos anos 20). O primeiro F4U-1 de produción realizou o seu primeiro voo un ano despois, o 24 de xuño de 1942.[18][19] Foi un logro notable para Vought; comparados cos seus homólogos terrestres, os avións embarcados están "sobreconstruídos" e son máis pesados para soportar a tensión extrema das aterraxes en cuberta.

Notas editar

  1. Green 1975, p. 137
  2. Jablonski 1979, p. 171
  3. Donald 1995, p. 246
  4. "Chance Vought F4U Corsair". web.archive.org. 2013-07-13. Archived from the original on 13 de xullo de 2013. Consultado o 2022-04-30. 
  5. "F4U Corsair". www.globalsecurity.org. Consultado o 2022-04-30. 
  6. Shettle 2001, p. 107
  7. O'Leary 1980, p. 116
  8. Donald 1995, p. 244
  9. Wilson 1996
  10. Russell 1984, p. 25
  11. 11,0 11,1 "Chance Vought F4U Corsair". web.archive.org. 2013-07-13. Archived from the original on 13 de xullo de 2013. Consultado o 2022-04-30. 
  12. Gunston 1980, p. 42
  13. Johnsen 1993, p. 5
  14. Tillman 1979, p. 5
  15. Veronico et al. 1994, p. 11
  16. Guyton 1996, pp. 100-104
  17. O'Leary 1980, pp. 101-102
  18. Musciano 1979, pp. 40-41
  19. Tillman 1996, p. 17

Bibliografía editar

  • Donald, David, ed. American Warplanes of World War II. London: Aerospace Publishing. 1995. ISBN 1-874023-72-7.
  • Green, William. Famous Fighters of the Second World War. Garden City, New York: Doubleday & Company, 1975. ISBN 0-385-12395-7.
  • Guyton, Boone T. Whistling Death: The Test Pilot's Story of the F4U Corsair. Atglen, Pennsylvania: Schiffer Publishing Ltd., 1996. ISBN 0-88740-732-3.
  • Johnsen, Frederick A. F4U Corsair. New York: Crown Publishers, 1983. ISBN 0-517-55007-5.
  • Musciano, Walter A. Corsair Aces: The Bent-wing Bird Over the Pacific. New York: Arco Publishing Company, Inc., 1979. ISBN 0-668-04597-3.
  • O'Leary, Michael. United States Naval Fighters of World War II in Action. Poole, Dorset, UK: Blandford Press, 1980. ISBN 0-7137-0956-1.
  • Russell, Warren P. Chance Vought F4U-1/F4U-1D and Goodyear FG-1D Corsair: NZPAF, RNZAF Aircraft colour schemes. Invercargill, New Zealand: New Zealand Aero Products, 1984. ISBN 0-473-00245-0
  • Shettle, M.L. Marine Corps Air Stations of World War II. Bowersville, Georgia: Schaertel Publishing Co., 2001. ISBN 0-9643388-2-3.
  • Tillman, Barrett. Corsair — The F4U in World War II and Korea. Annapolis, Maryland: Naval Institute Press, 1979. ISBN 1-55750-994-8.
  • Veronico, Nick e John M. e Donna Campbell. F4U Corsair. St. Paul, Minnesota: Motorbooks International, 1994. ISBN 0-87938-854-4.
  • Wilson, Randy. "From Bent-winged Bird to Whistling Death." ''The Dispatch''. Midland, Texas: Confederate Air Force, 1996.