Voo 778 de S7 Airlines
O voo 778 de S7 Airlines era un servizo doméstico de pasaxeiros operado por un Airbus A310-300 entre o aeroporto de Moscova-Domodedovo e o aeroporto de Irkutsk. O 9 de xullo de 2006 tivo un accidente ao aterrar en Irkutsk ás 07:44 hora local (22:44 UTC do 8 de xullo). O avión saíuse da pista esvarando varios centos de metros sobre a pista mollada e a herba. Esnafrouse contra unha barricada de cemento, golpeou un grupo de garaxes privados e incendiouse. Bombeiros de cinco estacións diferentes precisaron dúas horas para apagar o lume.[1]
Voo 778 de S7 Airlines | |
---|---|
O avión do accidente con Aeroflot en 2003
| |
Resumo | |
Data | 9 de xullo de 2006 |
Causa | erro do piloto |
Lugar | aeroporto de Irkutsk |
Orixe | Moscova-Domodedovo |
Destino | aeroporto de Irkutsk |
Finados | 125 |
Feridos | 63 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A310-300 |
Operador | S7 Airlines |
Rexistro | F-OGYP |
Pasaxeiros | 195 |
Tripulación | 8 |
Superviventes | 78 |
Un total de 125 persoas morreron no accidente. Foi o peor accidente de aviación en Irkutsk dende o voo 352 de Vladivostok Air en 2001. Tamén é o peor accidente de S7 Airlines. No presente é o cuarto peor accidente aéreo en Rusia e o terceiro con máis vítimas dun Airbus A310, despois do voo 431 de Kenya Airways e do voo 626 de Yemenia.
Tras o accidente moitos medios informaron que se producira un fallo nos freos do voo 778. Porén, o informe final do Comité de Aviación Interestatal ruso (MAK), concluíu que a causa do accidente foi un erro piloto.
NotasEditar
- ↑ AP, RTR TV via (2006-07-09). "Reports: Brake failure may have led to crash". msnbc.com (en inglés). Consultado o 2018-12-16.