O voo 633 de KLM era un servizo de pasaxeiros entre Ámsterdam e Nova York. O 5 de setembro de 1954, xusto despois de engalar do aeroporto de Shannon, o Super Constellation que operaba a ruta acabou nun banco de barro no río Shannon. 28 persoas morreron no accidente. Foi causado por unha inesperada re-extensión do tren de aterraxe, posiblemente debido a un erro do piloto.[1]

Voo 633 de KLM
Super Constellation semellante ao do accidente
Resumo
Data  5 de setembro de 1954
Causa  fallo mecánico
Lugar  Shannon, Irlanda
Coordenadas 
Finados  28
Aeronave
Tipo de aeronave Lockheed L-1049C Super Constellation
Operador  KLM
Rexistro  PH-LKY
Pasaxeiros  46
Tripulación  10
Superviventes  28

Accidente editar

O Lockheed Super Constellation Triton (con rexistro PH-LKY) estaba pilotado por Adriaan Viruly, un dos pilotos máis veteranos da aeroliña. Despois dunha parada de repostaxe en Shannon, o avión engalou para a parte transatlántica do voo ao redor das 02:40. Había 46 pasaxeiros e 10 tripulantes a bordo. Pouco despois da engalaxe o piloto reduciu a potencia do máximo ao METO (máximo agás engalaxe). O piloto non se decatou de que o tren de aterraxe non estaba recollido e como resultado o aparello descendeu ata aterrar no río Shannon. Deu a volta no impacto e partiu en días seccións.

O avión quedou parcialmente mergullado, e polo menos un dos tanques de combustible rompeu durante o accidente. Os vapores do combustible deixaron inconscientes moitos pasaxeiros e tripulantes, que despois afogaron ao subir a marea. Finalmente 3 tripulantes e 25 pasaxeiros morreron.

A pesar de que o accidente ocorreu menos dun minuto despois da engalaxe dende o aeroporto de Shannon, as autoridades do mesmo non souberon do desastre ata que o terceiro piloto do aparello, Johan Tieman, chegou ao aeroporto cheo de barro e informou, "Esnafrámonos!" Iso foi 2 horas e media despois de que o avión caese. Tieman nadara ata a ribeira e andou dolorosamente polas marismas ata o aeroporto, cuxas luces se vían claramente dende o lugar do accidente. Non foi ata as 7 da mañá, catro horas e media despois do accidente, cando os equipos de emerxencia chegaron ata os superviventes, que estaban amontoados nunha zona embarrada do río.[2]

Notas editar

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Lockheed L-1049C-55-81 Super Constellation PH-LKY Shannon Airport (SNN)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-22. 
  2. "Adriaan Viruly". www.dutch-aviation.nl. Consultado o 2018-12-22.