Voo 624 de Air Canada
O voo 624 de Air Canada era un voo doméstico regular de pasaxeiros entre o aeroporto de Toronto-Pearson e o aeroporto de Halifax. O día 29 de marzo de 2015, durante unha forte nevarada cunhas pobres condicións de visibilidade, o Airbus A320-211 que operaba a ruta tomou terra antes de chegar á pista quedando seriamente danado. O accidente deixou ao aeroporto sen enerxía eléctrica e tivo que pechado durante un tempo. 26 persoas resultaron feridas.
Voo 624 de Air Canada | |
---|---|
O avión do accidente en abril de 2008
| |
Resumo | |
Data | 29 de marzo de 2015 |
Causa | o avión tocou terra antes do inicio da pista |
Lugar | aeroporto de Halifax |
Coordenadas | |
Orixe | Toronto-Pearson |
Destino | aeroporto de Halifax |
Finados | 0 |
Feridos | 26 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A320-211 |
Operador | Air Canada |
Rexistro | C-FTJP |
Pasaxeiros | 133 |
Tripulación | 5 |
Superviventes | 138 (todos) |
O 2 de abril de 2015 Air Canada enviou pagos de 5 000 dólares canadenses a todos os pasaxeiros do voo.[1] En relación co incidente presentouse unha demanda colectiva.[2]
Avión
editarO aparello era un Airbus A320-211, con rexistro C-FTJP, equipado con dous motores CFM56-5A1. O seu número de serie era o 233 e realizara o seu primeiro voo o 10 de xullo de 1991. Era propiedade de GECAS e estaba arrendado a Air Canada. Como resultado do accidente o aparello foi dado de baixa.[3]
Accidente
editarO voo 624 de Air Canada partiu do aeroporto de Toronto-Pearson cara ao aeroporto de Halifax-Stanfield con 133 pasaxeiros e 5 tripulantes a bordo. O Airbus A320 que realizaba o voo impactou contra o chan 225 antes do limiar da pista 05, que non tiña equipamento para aterraxes de precisión,[4] chocando contra un conxunto de antenas ILS-LOC que fixo que o tren de aterraxe se separase do avión, e golpeando unha liña eléctrica que cortou a subministración de enerxía ao aeroporto que quedou sen electricidade durante uns 90 minutos.[5] Despois o avión subiu un barranco ata o nivel da pista, esvarou sobre a súa barriga e detívose a 570 metros do limiar.[4]
O avión quedou seriamente danado, perdendo todo o tren de aterraxe e o motor de babor. As ás e os estabilizadores tamén resultaron danados. Ámbolos dous pilotos, 23 pasaxeiros e un asistende de voo tiveron que ser levados ao hospital, aínda que ningunha das feridas foi potencialmente mortal,[4][6] e todos os ingresados agás un foron dados de alta no mesmo día.[7] A meteoroloxía no momento do accidente foi descrita como "treboenta".
Investigación
editarO accidente foi investigado pola Xunta de Seguridae no Transporte (TSB).[8][9] A TSB dixo que non houbera fallos mecánicos ou de mantemento no avión.[10] Tres investigadores da Oficina de Investigación e Análise para a Seguridade da Aviación Civil francesa (BEA) e dous asesores técnicos de Airbus viaxaron ao Canadá para participar na investigación.[11]
O informe final foi publicado en maio de 2017, atopando os procedementos da tripulación de Air Canada como a principal causa do accidente.[9]
Notas
editar- ↑ CBC (ed.). "Air Canada Flight 624 passengers receiving $5K cheques from airline". Consultado o 24 de maio de 2018.
- ↑ CBC (ed.). "AC624 crash: MacGillivray Law to file class action lawsuit". Consultado o 24 de maio de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "C-FTJP Air Canada Airbus A320-211". Consultado o 24 de maio de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 The Aviation Herald (ed.). "Accident: Air Canada A320 at Halifax on Mar 29th 2015, touched down short of runway". Consultado o 24 de maio de 2018.
- ↑ CBC (ed.). "Air Canada AC624 touched down 335 metres short of runway, TSB says". Consultado o 24 de maio de 2018.
- ↑ TSBC (ed.). "Informe da investigación" (PDF). Consultado o 24 de maio de 2018.
- ↑ Global News (ed.). "Landing gear ripped off when Air Canada flight 624 hit antenna array: TSB". Consultado o 24 de maio de 2018.
- ↑ "23 treated in hospital after Air Canada plane slides off Halifax runw…". archive.vn. 2015-03-29. Archived from the original on 29 de marzo de 2015. Consultado o 2019-01-02.
- ↑ 9,0 9,1 "Informe do accidente" (PDF). Transportation Safety Board of Canada. Consultado o 2019-1-2.
- ↑ Government of Canada, Transportation Safety Board of Canada (2015-09-29). "Aviation Investigation A15H0002 - Transportation Safety Board". www.tsb.gc.ca. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2018. Consultado o 2019-01-02.
- ↑ "Flight AC 624". BEA. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 2019-1-2.