Voo 612 de Air West

O voo 612 de Air West era un servizo doméstico regular de pasaxeiros entre Khartún e Al-Fashir, no Sudán. O día 24 de xaneiro de 2007 o Boeing 737 que operaba a ruta, con 103 persoas a bordo, foi secuestrado pouco despois da engalaxe por un único home.[1] O avión aterrou sen problemas en Xamena, Chad, onde o secuestrador se rendeu.

Voo 612 de Air West
Boeing 737 semellante ao secuestrado
Resumo
Data  24 de xaneiro de 2007
Causa  secuestro
Lugar  Xamena
Coordenadas 
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737
Operador  Air West
Pasaxeiros  95
Tripulación  8
Superviventes  103 (todos)

Secuestro editar

O día do secuestro os ocupantes do avión eran todos sudaneses coa excepción dun cidadán británico e dun agregado militar italiano. Mohamed Abdu Altif, un home de 26 anos de Al-Fashir, entrou armado na cabina de mando do avión ás 09:00 hora local, unha media hora despois de engalar do aeroporto de Khartún. Ordenou ao piloto voar a Roma e despois a Londres.[1] Inicialmente informouse que a súa arma era un fusil de asalto AK-47, pero realmente era unha pistola.

Despois de que o piloto lle explicase de que non había suficiente combustible para chegar a Londres accedeu a voar ata Chad. Non fixo ameazas ou comunicacións aos pasaxeiros, ningún dos cales se decatou de que o avión fora secuestrado. Cando o avión entrou no espazo aéreo do Chad foi interceptado por cazas franceses Mirage F-1 estacionados en Xamena,[2] que escoltaron ao 737 ata que aterrou no aeroporto de Xamena, onde foi rodeado por tropas do Chad.[1] Tras 20 minutos de negociacións o secuestrador liberou os ocupantes do avión antes de renderse.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Sudanese hijack ends, hijacker seized in Chad - World - News Brief - Newsgd". www.newsgd.com. Consultado o 2019-01-19. 
  2. 2,0 2,1 "Troops seize hijacker of Sudan plane in Chad". France 24. Archived from the original on 30 de setembro de 2007. Consultado o 2019-01-19.