Abrir o menú principal

O voo 593 de Aeroflot era un servizo regular de pasaxeiros dende o aeroporto de Moscova-Sheremetyevo e o aeroporto Kai Tak en Hong Kong. O día 23 de marzo de 1994 o Airbus A310-304 que operaba a ruta esnafrose nunha cordilleira no óblast de Kemerovo, Rusia, matando os 63 pasaxeiros e 12 tripulantes a bordo.

Voo 593 de Aeroflot
Aeroflot Airbus A310-300 F-OGQS CDG 1993.png
O avión accidentado en 1993
Resumo
Data  23 de marzo de 1994
Causa  erro do piloto
Lugar  a 20 km de Mezhdurechensk
Coordenadas  53°30′N 88°15′L / 53.500, -88.250Coordenadas: 53°30′N 88°15′L / 53.500, -88.250
Orixe  Moscova-Sheremetyevo
Destino  aeroporto Kai Tak
Finados  75
Aeronave
Tipo de aeronave Airbus A310-304
Operador  Aeroflot
Rexistro  F-OGQS
Pasaxeiros  63
Tripulación  12
Superviventes  0

Non se atoparon probas de problemas técnicos.[1] As caixas negras revelaron a presenza dos fillos do piloto de relevo na cabina, unha nena de 12 anos e un rapaz de 16.[2][3][4] Mentres estaba sentado aos controis, o fillo do piloto desconectara sen sabelo o control do piloto automático dos aleróns do A310. Posteriormente o piloto automático desactivouse completamente causando que o avión se inclinase bruscamente e entrase nunha caída case vertical. A pesar de conseguir nivelar o avión, o primeiro oficial sobrecorrixiu cando tirou cara atrás dos mandos, facendo que o avión entrase en perda e iniciase unha caída en barrena. Os pilotos conseguiron nivelar o avión novamente, pero o aparello perdera demasiada altura para poder recuperarse e esnafrouse na cordilleira Kuznetsk Alatau.[5]

AviónEditar

O aparello implicado no accidente era un Airbus A310-304 alugado, con rexistro F-OGQS e número de serie 596, que fora entregado novo a Aeroflot o 11 de decembro de 1992.[6] Equipado con dous motores General Electric CF6-80C2A2, o avión realizara o seu primeiro voo como F-WWCS o 11 de setembro de 1991, e era un dos cinco que operaban para Russian Airlines, unha división autónoma de Aeroflot - Russian International Airlines que se establecera para servir rutas no extremo oriente ruso e no sueste asiático. De media, a tripulación tiña unhas 900 horas de voo no tipo.[7]

NotasEditar

  1. "A310 crash findings imminent". Flight International. Consultado o 2019-1-14. 
  2. "Transcript reveals cockpit anarchy". Flight International. Consultado o 2019-1-14. 
  3. "Tape Confirms The Pilot's Son Caused Crash Of Russian Jet". The New York Times (en inglés). 1994-09-28. ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-01-14. 
  4. "A310 crash: Conflict over child at controls' report". Flight International. Consultado o 2019-1-14. 
  5. "FDR backs A310 crash allegations". Flight International. Consultado o 2019-1-14. 
  6. "Aeroflot F-OGQS (Airbus A310 - MSN 596) | Airfleets aviation". www.airfleets.net. Consultado o 2019-01-15. 
  7. "Airbus A310 crashes in Russia". Flight International. Consultado o 2019-1-15.