Voo 301 de Lao Airlines

O voo 301 de Lao Airlines era un servizo regular doméstico de pasaxeiros dende Vientiane ata Pakse, en Laos. O día 16 de outubro de 2013 o ATR 72-600 que operaba a ruta esnafrouse no río Mekong preto de Pakse, matando ás 49 persoas a bordo. Foi o primeiro accidente dun ATR 72-600 e o peor no chan de Laos.[1][2][3][4]

Voo 301 de Lao Airlines
O avión do accidente en xullo de 2013
Resumo
Data  16 de outubro de 2013
Causa  erro do piloto
Lugar  Don Kho
Coordenadas  Coordenadas: 15°09′06″N 105°43′59″L / 15.15166667, 105.73305556
Orixe  aeroporto de Wattay
Destino  aeroporto de Pakse
Finados  49
Aeronave
Tipo de aeronave ATR 72-600
Operador  Lao Airlines
Rexistro  RDPL-34233
Pasaxeiros  44
Tripulación  5
Superviventes  0

O informe da investigación concluíu que a causa probable do accidente foi o fallo da tripulación en executar axeitadamente o procedemento de aproximación infrutuosa tras abortar a aterraxe no aeroporto de Pakse.[5]

Notas editar

  1. "ATR releases more details on Lao Airlines crash". archive.ph. 2013-10-17. Archived from the original on 17 de outubro de 2013. Consultado o 2018-12-31. 
  2. Ranter, Harro. "Laos air safety profile". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 2018-12-31. 
  3. Ranter, Harro. "Lao Aviation". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 2018-12-31. 
  4. Ranter, Harro. "Lao Airlines". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-31. 
  5. "Pilot error 'probable cause' for Lao crash". au.news.yahoo.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2018-12-31.