Voo 255 de Northwest Airlines

accidente de aviación nos Estados Unidos en 1987

O voo 255 de Northwest Airlines foi un McDonnell Douglas MD-82 que se esnafrou pouco despois de engalar do aeroporto de Detroit o día 16 de agosto de 1987, ao redor das 8:46 p.m. EDT, matando os 6 tripulantes e a 148 dos seus 149 pasaxeiros, xunto con dúas persoas en terra. O único supervivente foi unha nena de 4 anos, Cecelia Cichan, que sufriu feridas graves.

Voo 255 de Northwest Airlines
Lugar do accidente
Resumo
Data  16 de agosto de 1987
Causa  configuración incorrecta da
engalaxe debido a erro do piloto
Lugar  aeroporto de Detroit
Coordenadas  Coordenadas: 42°14′24″N 83°19′40″O / 42.24, -83.3277
Orixe  aeroporto de Minneapolis/Saint Paul
Derradeira escala  aeroporto de Detroit
Destino  aeroporto John Wayne
Finados  156
Feridos  6
Aeronave
Tipo de aeronave McDonnell Douglas MD-82
Operador  Northwest Airlines
Rexistro  N312RC
Pasaxeiros  149
Tripulación  6
Superviventes  1

Avión e tripulación editar

O avión involucrado no accidente era un bimotor McDonnell Douglas MD-82, con rexistro N312RC, un derivado do McDonnell Douglas DC-9 e parte da serie McDonnell Douglas MD-80.[1] O aparello fora fabricado en 1981 e entrou en servizo con Republic Airlines, e adquirido por Northwest Airlines tras a súa fusión con Republic en 1986.[1] No momento do accidente, o avión en cuestión tiña unha librea híbrida de Northwest Airlines e Republic Airlines, coas liñas azuis de Republic, as letras vermellas de Northwest e unha cola branca.[2]

O capitán do voo 255 era John R. Maus, de 57 anos. Maus era un piloto experimentado que levaba na aeroliña 31 anos.[1] Outros pilotos que voaran con Maus describírano como un "piloto competente e capaz" que tiña unha reputación de operar "segundo as regras".[1]

O primeiro oficial era David J. Dodds, de 35 anos. Dodds tiña 8 044 horas de voo, e levaba máis de 8 anos na compañía.[1] A maioría dos capitáns da aeroliña cos que voara Dodds durante o seu período de proba calificárono dentro ou por riba da media.[1] Outros pilotos que voaran con Dodds describiron o seu rendemento en termos favorables.[1]

Accidente editar

A tripulación de voo comezou a operar o avión do accidente ese día como o voo 750 dende o aeroporto de Minneapolis/Saint Paul ata o aeroporto internacional MBS en Saginaw, Míchigan. Tras saír de Saginaw, a tripulación operou o mesmo avión como o voo 255, voando ao aeroporto John Wayne en Santa Ana, California, con escalas no aeroporto de Detroit e no aeroporto de Phoenix-Sky Harbor. A pesar dun pequeno problema durante arodaxe á porta de chegada o voo dende Saginaw a Detroit foi tranquilo.[1]

Ao redor das 20:32 EDT, o voo 255 deixou a porta de embarque en Detroit con 149 pasaxeiros e 6 tripulantes.[1] O paquete de despacho proporcionado pola aeroliña incluía datos de rendemento de engalaxe baseados no uso das pistas 21L ou 21R.[1] Porén, o voo foi autorizado a engalar pola pista 3C de Detroit, a pista dispoñible máis curta.[1]

O voo 255 engalou da pista 3C de Detroit ao redor das 20:44, con Maus aos controis.[1] O avión levandouse da pista a 170 nós (315 km/h), e comezou a moverse dun lado a outro[1] por debaixo dos 15 m sobre o chan. A taxa de subida do MD-82 reducíuse considerablemente como resultado de que os flaps non estaban estendidos,[1] e a uns 840 m despois do fin da pista 3C a á esquerda do aparello golpeou o pau da luz dun aparcadoiro de coches de alugueiro do aeroporto.[1] O impacto causou que a á esquerda comezase a desintegrarse e incendiouse.[1] O avión virou 90º cara a esquerda, chocando contra o tellado dun establecemento de alugueiro de coches Avis. O avión. agora incontrolado, esnafrouse invertido na Middlebelt Road golpeando vehículos xusto ao norte da súa intersección coa Wick Road, matando a dúas persoas nun coches. Posteriormente rompeuse, esvarando a fuselaxe pola estrada desintegrándose e estoupando cando golpeou un paso elevado do ferrocarril e o paso superior da interestatal 94.[3]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 "Informe do accidente" (PDF). NTSB. Consultado o 2018-12-20. 
  2. "Aviation Photo #0039113: McDonnell Douglas MD-82 (DC-9-82) - Northwest Airlines". Airliners.net. Consultado o 2018-12-20. 
  3. "The Crash". www.flight255memorial.com. Consultado o 2018-12-28.