Voo 15 de Aeroflot

accidente de aviación na Unión Soviética en 1968

O voo 15 de Aeroflot era un voo de pasaxeiros entre o aeroporto de Moscova-Domodedovo e o aeroporto de Petropavlovsk-Kamchatsky cunha escala no aeroporto de Krasnoyarsk-Yemelyanovo que se estrelou o día 29 de febreiro de 1968 en ruta a Petropavlovsk. Todas as persoas a bordo agás unha morreron no accidente.[1]

Voo 15 de Aeroflot
Ilyushin Il-18D semellante ao do accidente
Resumo
Data  29 de febreiro de 1968
Causa  perda de control
Lugar  Parchum, oblast de Irkutsk
Coordenadas 
Orixe  Moscova-Domodedovo
Derradeira escala  Krasnoyarsk-Yemelyanovo
Destino  Petropavlovsk-Kamchatsky
Finados  83
Aeronave
Tipo de aeronave Ilyushin Il-18D
Operador  Aeroflot
Rexistro  CCCP-74252
Pasaxeiros  75
Tripulación  9
Superviventes  1

Avión

editar

O aparello involucrado no accidente era un Ilyushin Il-18D con rexistro CCCP-74252 da Dirección de Aviación Civil do Afastado Oriente de Aeroflot. No momeno do accidente tiña 342 horas de voo e 89 ciclos de presurización.[2]

Accidente

editar

O voo completou exitosamente a parte da ruta entre Moscova e Yemelyanovo. Ás 22:03 (17:03 hora de Moscova), o Il-18 engalou de Yemelyanovo con 64 adultos e 11 nenos como pasaxeiros; dous pasaxeiros non estaban rexistrados. Tras completar a engalaxe o voo mantívose a unha altura de 8 000 metros. Ás 22:37 hora local a tripulación pasou a comunicarse co control de tráfico aéreo de Bratsk. Informouse de que a meteoroloxía era normal nese momento. Cando o avión estaba a unha distancia de 234 quilómetros do aeroporto indicouselle que seguise un rumbo de 270°. O tripulación confirmou recibir a información, dicindo que estaba a unha altura de of 8 000 e voando a 780 km/h, e agardaba sobrevoar o aeroporto de Bratsk ás 23:06 hora local.[3]

Ás 18:38:38 o aparello viuse forzado a un descenso súbito. A situación a bordo evolucionou cara a unha emerxencia completa ás 22:41:28. Cando o avión estaba a unha altura de 3 000 metros os controladores de tráfico aéreo detectaron unha curta transmisión inintelixible ás 22:43:12 do voo. A tripulación involuntariamente inclinou o avión máis aló do punto de exceso de velocidade mentres intentaba corrixir a inclinación do aparello. O sinal de "manter abrochados os cintos" foi encendida e nalgún momento o aparello voou invertido. A unha altura de 1 000 metros e a unha velocidade de 890 km/h, o avión comezou a desintegrarse, e ás 22:43:47 a aeronave esnafrouse a 13 km de Parchum e a 165 km ao oeste do aeroporto de Bratsk na taiga. O único supervivente foi un xove soldado atopado vivo aínda que ferido no lugar do accidente.[3]