Voo 147 de Biman Bangladesh Airlines
O voo 147 de Biman Bangladesh Airlines era un servizo regular dende o aeroporto de Shahjalal ata o aeroporto internacional de Dubai con escala en Chittagong. O 24 de febreiro de 2019 o Boeing 737-800 que operaba a ruta foi secuestrado a 252 quilómetros ao sueste de Dacca polo terrorista Polash Ahmed. O voo realizou unha aterraxe de emerxencia no aeroporto Shah Amanat de Chittagong. As forzas especiais de Bangladesh disparáronlle a Ahmed, que morreu debido ás feridas recibidas. Non houbo vítimas mortais entre os pasaxeiros e os tripulantes, aínda que un asistente de voo recibiu un disparo.[1][2]
Voo 147 de Biman Bangladesh Airlines | |
---|---|
O avión secuestrado
| |
Resumo | |
Data | 24 de febreiro de 2019 |
Causa | intento de secuestro |
Lugar | |
Coordenadas | |
Finados | 1 (secuestrador) |
Feridos | 1 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 737-8E9 |
Operador | Biman Bangladesh Airlines |
Pasaxeiros | 134 |
Tripulación | 14 |
Superviventes | 147 |
Notas
editar- ↑ "Hijacking foiled on Dubai-bound Bangladesh plane". www.telegraphindia.com (en inglés). Consultado o 2019-03-11.
- ↑ "Attempt to hijack Dubai-bound plane in Bangladesh, suspect gunned down by commandos". News Nation (en inglés). 2019-02-24. Consultado o 2019-03-11.