Chittagong
Coordenadas: 22°22′N 91°48′L / 22.367, -91.800
Chittagong (bengalí: চট্টগ্রাম, Chôṭṭôgramé) é unha cidade de Bangladesh, a segunda en importancia trala capital, Dacca, situada no sueste do país a ourelas do río Karnaphuli, preto da súa desembocadura no Golfo de Bengala fronte ao Delta do Ganxes. Centro comercial e industrial da rexión agrícola circundante, conforma unha metrópole que supera os catro millóns de habitantes.
Chittagong | |
---|---|
চট্টগ্রাম | |
![]() | |
Vistas da cidade | |
Localización | |
País | ![]() |
División | División de Chittagong |
Distrito | Distrito de Chittagong |
Xeografía | |
Superficie | 168,07 km² |
Demografía | |
Poboación | 6 500 000 |
Densidade | hab/km² |
Xentilicio | Chittagongians |
Outros datos | |
Código postal | 4000 |
Alcalde | M. Manzur Alam |
Páxina oficial de Chittagong |
Coñecido porto dende a antigüidade, formaba parte do reino birmano de Arakan (na costa occidental de Myanmar) ata a época colonial, na que portugueses primeiro (s.XVI) e a Compañía Británica das Indias Orientais (s.XVII) despois fixeron de Chittagong unha base portuaria de importancia na rexión.
O forte crecemento nas últimas décadas vai asociado a unha zona económica especial na perspectiva de constituires o futuro nodo de transportes das rexións interiores dos países veciños (nordeste da India, norte de Myanmar, suroeste da China).
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chittagong |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |