Voo 143 de Philippine Airlines

O voo 143 de Philippine Airlines era un servizo doméstico dende o aeroporto Ninoy Aquino en Manila ata o aeroporto de Mandurriao en Iloilo. O día 11 de maio de 1990 no aeroporto Ninoy Aquino o Boeing 737-300 que operaba a ruta sufriu un estoupido no tanque central de combustible e foi consumido polo lume en catro minutos.[1][2]

Voo 143 de Philippine Airlines
Boeing 737 semellante ao do accidente
Resumo
Data  11 de maio de 1990
Causa  estoudido de tanque
de combustible
Lugar  aeroporto Ninoy Aquino
Coordenadas  Coordenadas: 14°30′31″N 121°01′10″L / 14.50861111, 121.01944444
Orixe  aeroporto Ninoy Aquino
Destino  aeroporto de Mandurriao
Finados  8
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-3Y0
Operador  Philippine Airlines
Rexistro  EI-BZG
Pasaxeiros  114
Tripulación  6
Superviventes  112

Accidente editar

A tempertura do aire era alta no momento do accidente, duns 35 °C, mentres o Boeing 737-300 estaba aparcado en Manila. Os paquetes de aire acondicionado, situados debaixo do tanque de combustible central do 737 estiveran funcionando no chan dende antes do pushback (de 30 a 45 minutos). O tanque central de combustible, que non se enchera dende o 9 de marzo, probablemente contendo algúns vapores de combustible. Pouco despois do pushback unha potente explosión no tanque central empuxou o chan da cabina violentamente cara a arriba. Os tanques das ás romperon causando que o avión se incendiase.

A meirande parte dos 113 pasaxeiros e 6 tripulantes escaparon polas ramplas de emerxencia, que foran despregadas tras o estoupido.[1]

Varios pasaxeiros informaron de ata tres estoupidos no avión, e Oscar Alejandro, entón director da Oficina de Transporte Aéreo de Filipinas, confirmou que os motores non estaban encendidos no momento dos estoupidos.[1]

Pénsase que os vapores prenderon lume debido a un cableado danado, xa que non se atoparon bombas, dispositivos incendiarios ou detonadores na escena.[3] A aeroliña colocara luces de logotipo tras a entrega do avión o que requiriu pasar cables adicionais a través dos selos de vapor nos tanques de combustible. A NTSB recomendou á FAA que publicase unha Directiva de Aeronavegabilidade solicitando inspeccións das bombas de reforzo de combustible, o interruptor do flotador, e o cableado porque se atoparan signos de rozaduras. A FAA declinou publicar a directiva.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Filipino jet explodes on takeoff, 7 killed". Pittsburg Post-Gazette. Consultado o 2018-12-30. 
  2. Goglia, John. "FAA finally takes action on fuel inerting". Aviation International News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-30. 
  3. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Boeing 737-3Y0 EI-BZG Manila-Ninoy Aquino International Airport (MNL)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-30. 
  4. Brady, Chris. "Boeing 737 Accident Reports". The Boeing 737 Technical Site. Consultado o 2018-12-30.