Voo 1153 de Tuninter

O voo 1153 de Tuninter era un servizo internacional entre o aeroporto de Bari, Italia, e o aeroporto de Xerba-Zarzis, Tunisia. O día 6 de agosto de 2005 o ATR 72 que operaba o voo amarou no mar Mediterráneo a uns 29 km da cidade de Palermo. 16 das 39 persoas a bordo morreron. O accidente debeuse a que o avión quedou sen queroseno debido á instalación dun indicador de cantidade de combustible deseñado para o ATR 42 no máis grande ATR 72.[1][2] Foi o primeiro accidente con vítimas mortais de Tuninter nos seus 14 anos de historia.

Voo 1153 de Tuninter
O avión do accidente en 2002
Resumo
Data  6 de agosto de 2005
Causa  esgotamento do combustible
Lugar  mar Mediterráneo
Coordenadas  Coordenadas: 38°24′16″N 13°27′30″L / 38.4044, 13.4583
Orixe  aeroporto de Bari
Destino  aeroporto de Xerba-Zarzis
Finados  16
Feridos  11
Aeronave
Tipo de aeronave ATR 72-202
Operador  Tuninter
Rexistro  TS-LBB
Pasaxeiros  35
Tripulación  4
Superviventes  23

Tripulación editar

O capitán do voo Chafik Al Gharbi, de 45 anos, un piloto con experiencia con 7 182 horas de voo. O copiloto era Ali Kebaier Al-Aswad, de 28 anos, con 2 431 horas. Ámbolos dous estaban moi familiarizados co ATR 72, tendo acumuladas 5 582 e 2 130 horas nese modelo respectivamente.

Accidente editar

O indicador de cantidade de combustible (FGI) do ATR 72-202 fora substituído a noite anterior do voo, pero os técnicos instalaron sen decatarse un FQI deseñado para o ATR 42, un avión semellante pero máis pequeno, e con tanques de combustible tamén máis pequenos. As tripulación de terra e o enxeñeiro de voo, baseándose nas lecturas incorrectas do novo FQI, cargaron o avión cunha cantidade non axeitada de combustible para o voo.

No voo de Bari a Xerba os dous motores se pararon no aire. O motor dereito fallou a 23 000 pés (7 000 metros). O avión comezou a descender ata os 17 000 pés, pero 100 segundos despois do fallo do motor dereito o motor esquerdo tamén fallou. A tripulación non detectara o esgotamento do combustible debido ao indicador instalado, que marcaba unha cantidade suficiente nos tanques, incluso despois de que todo o combustible se consumise. Tras o fallo dos motores o capitán solicitou unha aterraxe de emerxencia en Palermo, Sicilia. A tripulación intentou repetidamente acender os motores sen éxito cando intentaban voar cara Palermo. O ATR planeou durante 16 minutos, pero foi incapaz de chegar á pista e o avión tivo que amarar a 43 quilómetros ao nordés do aeroporto de Palermo, a unha velocidade de 233 km/h. O avión rompeu en tres partes tras o impacto.[3]

Todo o avión flotou durante un tempo tras o impacto, pero só a fuselaxe central e as ás quedaron a flote. Patrulleiras de Palermo chegaron 46 minutos despois da amaraxe e comezaron a rescatar os superviventes.

Notas editar

  1. "Plane crash off Sicily kills 13" (en inglés). 2005-08-06. Consultado o 2019-01-01. 
  2. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident ATR 72-202 TS-LBB Palermo-Punta Raisi Airport (PMO)". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2018. Consultado o 2019-01-01. 
  3. "Tuninter ATR 72 had been fitted with wrong fuel gauge". Flightglobal.com (en inglés). 2005-09-13. Consultado o 2019-01-01.