Volvo RM12
O Volvo RM12 é un motor turboventilador de baixo índice de derivación con potqueimador desenvolvido para o caza sueco Saab JAS 39 Gripen. O RM12 foi fabricado por Volvo Aero (agora GKN Aerospace Engine Systems) e trátase dunha versión do General Electric F404.
Volvo RM12 | |
---|---|
Tipo | turboventilador |
Fabricante | Volvo Aero/GKN Aerospace General Electric |
Primeiro encendido | 1978 |
Principais aplicaciós | Saab JAS 39 Gripen |
Desenvolvido do | General Electric F404 |
Deseño e desenvolvemento
editarProducido por Volvo Aero (agora GKN Aerospace Engine Systems), o RM12 ´un derivado do General Electric F404-400. Entre os cambios con respecto ao F404 inclúense unha maior fiabilidade para operacións cun único motor (incluída unha maior tolerancia aos impactos con paxaros), maior pulo, e a adopción dun sistema de control de motor dixital de autoridade completa (FADEC).[1][2]
O ventilador foi redeseñado completamente para que pasase un maior fluxo de aire para un maior pulo e para que fose máis tolerante ao impacto de paxaros. O requisito era unha perda mínima de pulo, durante unha proba acadouse o 6% tras inxerir un paxaro de medio quilo do tamaño dunha pomba en condicións de engalaxe. Isto logrouse con pas da primeira etapa máis grosas que se deforman (causando a perda de potencia) pero non rompen ou causan danos noutras partes do motor.[3]
Tamén se redeseñaron varios subsistemas e compoñentes para reducir as demandas de mantemento.[4] As entradas de aire do motor deseñáronse para minimizar a reflexión radar dende o ventilador do motor, reducindo a sección transversal de radar do avión en conxunto.[2] A unidade de control do motor analóxica do F404 substituíuse polo Control Dixital de Motor, desenvolvido conxuntamente por Volvo e General Electric, que se comunica coa cabina de mando a través de buses de datos dixitais e, como redundancia, un respaldo hidromecánico. O respaldo hidromecánico permaneceu no novo FADEC que Volvo comezou a desenvolver en 1996. General Electric fabricaba o 50% do motor. Elementos como os discos do ventilador/compresor e a caixa, ou o posqueimador eran fabricados en Suecia, onde se realizaba tamén a montaxe final.[2]
Aplicacións
editar- Saab JAS 39 Gripen
- IAI Nammer (tal como foi deseñado, non construído)
Notas
editar- ↑ "Resonance problem hits Gripen Engine", Flight International, Londres, UK: Reed Business Information, 145 (4406): 15, 2-8 de febreiro de 1994, ISSN 0015-3710
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Reaktionsmotor 12 - både vacker och stark". TechWorld (en sueco). Consultado o 2022-03-07.
- ↑ ASME 1988 International Gas Turbine and Aeroengine Congress and Exposition : June 6-9, 1988, Amsterdam, The Netherlands. New York, N.Y. 1988. ISBN 978-0-7918-7919-1. OCLC 1101994606.
- ↑ "Gripen surpasses 100,000 flight hours - Volvo Aero’s engine safest in the world - hírek & információk : Volvo Financial Services Magyarország". web.archive.org. 2014-01-10. Archived from the original on 10 de xaneiro de 2014. Consultado o 2022-03-07.