Viti Levu (Gran Fidxi) é a illa máis grande de Fidxi e unha das máis grandes de Oceanía. Nela atópase a capital do país, Suva, e gran parte da poboación.

Modelo:Xeografía políticaViti Levu
Imaxe

Localización
Mapa
 17°48′S 178°00′L / -17.8, 178
CapitalSuva Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación580.000 Editar o valor en Wikidata (55,08 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie10.531 km² Editar o valor en Wikidata
Medición146 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude1.324 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Tomanivi (1.324 m) Editar o valor en Wikidata

Xeografía e economía

editar

Viti Levu ten unha superficie de 10.389 km², e esténdese 146 quilómetros de norte para sur e 106 de leste para oeste. É unha illa de orixe volcánica que alcanza a súa máxima altitude de 1.324 metros no monte Tomanivi, tamén chamado monte Vitoria. Os xeólogos cren que Viti Levu mergullouse varias veces, e foi cuberta por lava e outros materiais volcánicos. Os terremotos e as erupcións volcánicas formaron a orografía algo accidentada da illa. A illa está divida por unha cordilleira que percorre o eixo norte-sur, dividíndoa en dúas metades de similar tamaño. O centro da illa está cuberto de bosques e inclúe o pico máis alto da nación o Monte Tomanivi. A parte oriental é máis chuviosa, mentres que a occidental é máis seca, aínda que o nivel de precipitacións é suficiente para o cultivo da cana de azucre, unha das principais actividades económicas da illa. Tamén se produce algodón, tabaco e ananás; e extráense algúns minerais.

Localidades

editar
 
Praia Korotogo, Coral Coast
 
A vila de Navala

Viti Levu alberga a capital Suva, e é a residencia de preto de tres cuartas partes da poboación da República (ao redor de 580.000 habitantes). Outras cidades importantes son Ba, Lautoka, Nadi, Nausori, Rakiraki, e Sigatoka ademais de numerosos centros turísticos. Todas están situadas na costa, e están interconectadas por unha estrada que percorre o perímetro da illa. Xunto á próxima Vanua Levu, concentran o 85% da poboación.

Política

editar

Oito das catorce provincias de Fidxi atópanse en Viti Levu. As provincias de Ba, Nadroga-Navosa e Ra comprender a División Occidental, mentres que Naitasiri, Namosi, Rewa, Serua e Tailevu forman a División Central. En parte debido á alta concentración de indofidxianos, cuxos antepasados chegaron na súa maioría como traballadores contratados desde a India entre 1879 e 1916, a dinámica política do oeste de Viti Levu é algo diferente da do leste de Viti Levu, onde, ademais das zonas urbanas multirraciais, existe unha maior concentración de indíxenas fidxianos.

Historia

editar

Crese que Viti Levu foi habitada desde a illa norte de Vanua Levu. Segundo a tradición oral, os primeiros colonos melanesios desembarcaron en Vuda Point e fundaron Viseisei, crese que o asentamento máis antigo de Fidxi, aínda que os arqueólogos refutan esta afirmación.

Ligazóns externas

editar