Vitas sanctorum patrum emeretensium

texto haxiográfico medieval
(Redirección desde «Vitas Patrum Emeritensium»)

A Vitas sanctorum patrum emeretensium[1](Vidas dos santos pais da Igrexa de Mérida) é un texto haxiográfico da Alta Idade Media escrito en lingua latina. Narra as vidas de cinco bispos que gobernaron a sé de Mérida na segunda metade do século VI e primeira metade do VII: Paulo, Fidel, Masona, Inocencio e Renovatio.[2]

Vitas sanctorum patrum emeretensium
OrixeReino visigodo de Toledo
Lingualingua latina
Data de pub.anos 630xuliano
editar datos en Wikidata ]

Data de composición editar

A primeira impresión da obra fíxose en Madrid en 1633. Consérvanse media ducia de manuscritos e algúns fragmentos.

Non hai consenso sobre a data de composición. Con todo, parece que a maior parte das vidas foron compostas na primeira metade do século VII. O prefacio e os tres primeiros capítulos puideron engadirse a finais de século. Tamén hai quen[quen?] atrasa a composición da obra ao século IX.[3][4][2]

Javier Arce pensa que foi escrita durante o episcopado de Estevo (633-638) e finalmente compilada e corrixida durante o episcopado de Festo (672-680). Na súa opinión, o traballo foi escrito por un diácono de Mérida, de quen non se sabe o nome. O diácono Paulo sería o responsábel da recompilación final[5].

Importancia histórica editar

A Vitas Patrum Emeritensium é unha fonte de importancia capital para o estudo do Reino visigótico de Toledo. Contén moitas indicacións sobre a vida diaria na Hispania dos séculos VI e VII: alimentación, educación, roupa…

É tamén importante para o coñecemento sobre a organización das Igrexas católica e ariana e o camiño que levou á conversión do pobo visigodo ao catolicismo. Así, a vida do bispo Masona narra o exilio deste bispo nos primeiros anos do reinado de Leovixildo a causa das maquinacións tramadas contra el polo bispo ariano Sunna. Finalmente, xa no goberno de Recaredo, Masona será un dos actores fundamentais na conversión do rei.

Notas editar

  1. Maya Sánchez, A. (1990). Vitas sanctorum patrum emeretensium. Introducción, edición crítica y traducción. Universidad de Sevilla. 
  2. 2,0 2,1 Francis Clark, The Pseudo-Gregorian Dialogues, Brill, 1997, pp. 131-135
  3. Vitas sanctorum patrum Emeretensium. Paul, of Mérida, deacon of Mérida, active 7th century., Maya Sánchez, A. Turnholti [Turnhout, Belgium]: Brepols. 1992. ISBN 2503011616. OCLC 26115418. 
  4. Kulikowski, Michael (2004-08-30). Late Roman Spain and Its Cities. p. 389. ISBN 9780801879784. 
  5. Arce, Javier (2013). Esperando a los árabes: Los visigodos en Hispania (507-711). Marcial Pons. p. 203. ISBN 978-8416662241.