Vista Hermosa Fútbol Sala

O Vista Hermosa Fútbol Sala é un club de fútbol sala do barrio ourensá de Vista Fermosa. Foi fundado en 1995 e actualmente xoga na 1ª división local de Ourense.

Vista Hermosa FS
NomeVista Hermosa Fútbol Sala
Alcume(s)As avespas
Fundación1995
EstadioIndeterminado
Inauguración-
Capacidade-
PresidenteGaliciaArturo Fernández Pérez
AdestradorGaliciaFernando Gil
Liga1ª Local de Ourense
2010/1115º (Provincial Ourense)
VestimentaJoma
PatrocinadorAdega dos Lamas, Bar Futuro
Na rede
http://www.vistahermosafs.com
Titular
Alternativo

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta con franxas horizontais amarelas e vermellas, pantalón negro e medias negras.
  • Segundo equipamento: Camiseta azul turquesa, pantalón negro e medias negras.

Pavillón editar

Actualmente o club non dispón de cancha fixa para disputar os seus partidos coma local. Esta situación vén dada polas propias normas da delegación ourensá de fútbol sala, que establece que será a delegación a que designe as canchas en cada xornada. Entre as canchas que se lle facilitan están o pazo dos deportes Paco Paz, o pavillón dos Remedios (central e anexo), o polideportivo de Oira e o polideportivo de Coles como as máis habituais.

Durante as tempadas que militou na 1ª división provincial de Ourense (2009/10 e 2010/11) o equipo xogou no polideportivo do campus de Ourense, pertencente á Universidade de Vigo, no barrio ourensá das Lagoas con capacidade para 500 persoas. A superficie da cancha é de parqué.

Cadro de xogadores 2011/12 editar

Posto País Xogador
2 ALA   Cote
3 ALA   Dani
4 PEC   Pope
5 ALA   Juan
6 ALA   Trigás
7 PIV   Tojo
8 PIV   Ismael
9 PIV   Cachi
Posto País Xogador
10 ALA   Hugo
11 DEF   Cristian
12 ALA   Jacobo
13 ALA   Chinchilla
14 PEC   Fran
15 POR   Fidi
16 POR   Óscar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar