Abrir o menú principal

Virxe da Candelaria

A Virxe da Candelaria é a advocación da Virxe María que é a patroa das Illas Canarias.[1] Coñecida como La Morenita, é unha das sete patroas das comunidades autónomas de España.

Virxe da Candelaria
Virgendecandelariadecerca.JPG
Virxe da Candelaria
Advocación da Virxe María
Historia
Orixe da devoción1390 en Tenerife
Veneración
Venerada enIgrexa Católica
Festividade2 de febreiro e 15 de agosto
Santuario principalBasílica de Nosa Señora da Candelaria
Patroa deCanarias, Cabido de Tenerife

Lenda e característicasEditar

O seu santuario é a Basílica de Nosa Señora da Candelaria, no municipio de Candelaria, ao sueste de Tenerife. A lenda conta que a imaxe da Virxe foi atopada por dous pastores guanches en 1390, antes da conquista de Canarias.[2] Despois de cristianización, a imaxe da Virxe foi movida polos propios guanches á cova de San Blas, situada detrás da basílica actual. Máis tarde, en 1599, o papa Clemente VIII declarouna patroa das Illas Canarias.

A construción do primeiro santuario para a virxe morena foi conducida polo bispo das illas Canarias, Bartolomé García Jiménez en 1668 e rematada en 1672. Era un grande edificio con tres naves e unha torre alta, que desapareceu como resultado dun incendio que tivo lugar o 15 de febreiro de 1789.

O 12 de decembro de 1867, a Virxe foi declarada Patroa Principal das Illas Canarias polo Papa Pío IX. A Virxe da Candelaria foi canonicamente coroada o 13 de outubro de 1889, sendo a quinta imaxe mariana en España en selo.

Finalmente, o 1 de febreiro de 1959 a basílica actual foi consagrada nunha cerimonia relixiosa polo nuncio apostólico en España, Monseñor Hildebrando Antoniutti e polo Bispo de Tenerife, Don Domingo Pérez Cáceres.

Todos os anos, o 2 de febreiro e 15 de agosto, miles de persoas de todas as Illas Canarias e os puntos de España de peregrinacións a Candelaria para celebrar a festa da Virxe.

NotasEditar

Véxase taménEditar