Violentos anos dez

disco de estudio de Ataque Escampe

Violentos anos dez é o cuarto disco do grupo santiagués Ataque Escampe, publicado en 2011. Alén de estar dispoñíbel en formato CD, pódese descargar en mp3 de balde na páxina do selo A Regueifa Plataforma. Desta vez, Ataque Escampe déixase influír pola música negra estadounidense e os ritmos do soul.

Violentos anos dez
Álbum de Ataque Escampe
Publicado2011
Selo(s)A Regueifa Plataforma e
A Regueifa Discos
Producido porAtaque Escampe
Cronoloxía
A grande evasión (2009) Violentos anos dez Noites de agosto con Ataque Escampe (2012)

Por causa da situación do momento, o grupo decidiu producir e encargarse persoalmente de todo o proceso de creación do disco, a raíz do expresado no seu manifesto As Ataque Escampe decrecen (para seren máis felices)[1].

Lista de cancións editar

  1. "Segunda división"
  2. "Once Upon a Time: a Terra Chá"
  3. "Misión de audaces"
  4. "A cabana do tío Tom"
  5. "O amor en Acapulco"
  6. "Curtis Mayfield"
  7. "Esparadrapo"
  8. "Festa malandrómica" (versión soul da canción orixinal de Malandrómeda)
  9. "Pel de serpe"
  10. "Spiritual 2019"

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar