Violencia contra as mulleres

calquera tipo de acto violento contra as mulleres e a súa liberdade sexual
(Redirección desde «Violencia contra a muller»)

A violencia contra as mulleres é, de xeito colectivo, actos violentos cometidos contra as mulleres. Este tipo de violencia é exercida contra a muller explicitamente por ser muller. A Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller da Asemblea Xeral das Nacións Unidas afirma que:

Pintada en Pontevedra
«A violencia contra as mulleres é unha manifestación de relacións de poder historicamente desiguais entre varóns e mulleres» e que «a violencia contra as mulleres é un dos mecanismos sociais cruciais polos cales as mulleres son forzadas a unha posición subordinada en comparación cos varóns».[1]

Kofi Annan, secretario xeral das Nacións Unidas, declarou nun informe de 2006 publicado na web do Fondo de Desenvolvemento das Nacións Unidas para a Muller (UNIFEM) que:

A violencia contra as mulleres e nenas é un problema de proporcións pandémicas. Polo menos unha de cada tres mulleres en todo o mundo foi golpeada, coaccionada no sexo ou abusada doutro xeito na súa vida co abusador, polo xeral, alguén coñecido por ela.[2]

A violencia contra as mulleres pode encaixar en varias categorías amplas. Algunhas das formas de violencia son a violación, a violencia doméstica, o acoso sexual, infanticidio feminino, selección prenatal do sexo, os asasinatos de honor, a violencia do dote, a mutilación xenital feminina, a lapidación, a desfiguración, a escravitude sexual, a trata de mulleres, a prostitución, a pornografía, a xestación por substitución, o matrimonio por secuestro, forzado e concertado, as propias imposicións do xénero (submisión, subordinación, pasividade, debilidade...), entre outras.[3]

A Organización Mundial da Saúde (OMS), na súa investigación da violencia contra as mulleres, analizou e categorizou as diferentes formas da violencia contra as mulleres en todos os estadios da vida dende antes do nacemento á velleira.[4]

Nos últimos anos, houbo unha tendencia de achegamento á violencia contra as mulleres a nivel internacional, mediante ferramentas como convencións; ou, na Unión Europea, a través de directivas, como a directiva en contra do acoso sexual[5] e a directiva en contra do tráfico de persoas.[6]

Notas editar

  1. "Declaration on the Elimination of Violence against Women". UN Documents. Consultado o 1 de abril de 2017. 
  2. "Domestic Violence against Single and Married Women in Iranian Society". Iranian Archives. Consultado o 1 de abril de 2017. 
  3. Prügl, E. (Director) (November 25, 2013). Violence Against Women. Gender and International Affairs Class 2013. Lecture conducted from The Graduate Institute of International and Development Studies (IHEID), Geneva, Switzerland.
  4. Violence against women: Definition and scope of the problem (1997). Organización Mundial da Saúde, 1, 1-3. Consultado o 1 de abril de 2017.
  5. Directiva 2002/73/EC - trato igualitario do 23 de setembro de 2002 emendando a Directiva do Consello 76/207/EEC sobre a aplicación do principio de igualdade de trato entre mulleres e varóns no que se refire ao acceso ao emprego, á formación e á promoción profesionais e ás condicións de traballo.
  6. "DIRECTIVE 2011/36/EU OF THE EUROPEAN PARLIAMENT AND OF THE COUNCIL of 5 April 2011 on preventing and combating trafficking in human beings and protecting its victims, and replacing Council Framework Decision 2002/629/JH" Arquivado 26 de novembro de 2017 en Wayback Machine.(PDF). Eur-lex.europa.eu. Consultado o 1 de abril de 2017.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar