Vincenzo Peruggia

Vincenzo Peruggia, nado en Dumenza o 11 de outubro de 1881, finado en Annemasse o 8 de outubro de 1925, foi un ladrón de arte que roubou a Mona Lisa, feito coñecido como o "Roubo do Século" pola prensa da época.

Vincenzo Peruggia
Vincenzo peruggia.jpg
Vincenzo Peruggia, o home que roubou a Mona Lisa en 1911 (fotografía da policía)
Nacemento8 de outubro de 1881
 Dumenza
Falecemento8 de outubro de 1925
 Saint-Maur-des-Fossés
CausaInfarto agudo de miocardio
NacionalidadeReino de Italia
Ocupaciónart thief, pintor e vidraceiro
editar datos en Wikidata ]

O RouboEditar

En 1911 Vincenzo Perugia perpetrou o que foi considerado o roubo máis grande de arte do século XX. O antigo empregado do Museo do Louvre entrou no museo o 21 de agosto de 1911 e notando que o salón no cal se encontraba exhibida a Mona Lisa non tiña vixilantes nin visitantes, descolgou a pintura da parede, quitoulle o marco e simplemente saíu do museo camiñando coa pintura baixo o brazo.

Vincenzo escondeu a pintura no seu apartamento en Florencia, en Italia. Supostamente, ao chegar a policía ao lugar para facer as investigacións correspondentes, asináronse documentos encima do lenzo, xa que este estaba escondido baixo o mantel da mesa da cociña.

Despois de ocultar a pintura no seu apartamento durante dous anos, Peruggia impacientouse e finalmente foi atrapado ao tratar de vendela en Florencia a un traficante de arte.

Tras ser recuperada, a pintura foi exhibida por toda Italia e finalmente devolvida ao Museo do Louvre en 1913.

MotivosEditar

Os herdeiros de Vincenzo alegan que o roubo se fixo por razóns patrióticas: Vincenzo quería traer a pintura de regreso a Italia despois de ser roubada por Napoleón. Aínda que realmente quizais pensara iso, o certo é que Leonardo da Vinci levoulle esta pintura como regalo ao rei Francisco I cando este o chamou para que fora pintor da súa corte.

Levado a xuízo, a corte aceptou que Peruggia cometera o delito por razóns patrióticas e enviouno ao cárcere un ano e quince días.

O roubo puido ser planeado por Eduardo Valfierno, un cómplice que se xuntara co falsificador francés de arte Yves Chaudron, para facer copias da pintura e vendelas como orixinais.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar