Villafranca de Córdoba
Coordenadas: 37°57′N 04°32′O / 37.950, -4.533
Villafranca de Córdoba é unha vila e municipio andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2005 tiña 3.893 habitantes. A súa extensión superficial é de 58 km² e ten unha densidade de 67,1 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 146 metros e a 27 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.
Villafranca de Córdoba | |||
---|---|---|---|
| |||
![]() | |||
Ermida da Nosa Señora dos Remedios | |||
Localización | |||
![]() | |||
País | ![]() | ||
Comunidade Autónoma | ![]() | ||
Provincia | Córdoba | ||
Comarca | Alto Guadalquivir | ||
Xeografía | |||
Altitude | 146 msnm | ||
Superficie | 58 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 4.752 hab. (INE 2011) | ||
Densidade | 81,93 hab./km² | ||
Xentilicio | Villafranqueño/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 14420 | ||
Alcalde | Francisco Javier López Casado (PSOE) | ||
www.villafrancadecordoba.es |
Forma parte da Mancomunidade do Alto Guadalquivir cordobés.
Xeografía Editar
O casco urbano atópase na ribeira dereita do río Guadalquivir e ao pé de Serra Morena. A súa morfoloxía urbana responde aos denominados "pobos de chaira", pois carece de localización defensiva, xa que a súa fundación produciuse cando a fronteira entre cristiáns e musulmáns se encontraba moi afastada, e polo tanto, ao abrigo de ataques.
Historia Editar
Acháronse restos arqueolóxicos de época prehistórica, e incluso relaciónase a localidade coa romana "Sacilis" (ou "Cecilia"), existindo un tramo na Vía Augusta nos seus arredores. Mais a súa actual localización é de orixe medieval, cando no século XIV Pedro I de Castela lla cedeu ao seu "Reposteiro Maior", Martín López de Córdoba, con licenza para poboala con novos veciños, cun asentamento que foi estimulado con privilexios e franquías, de onde procede o seu nome actual, que en principio foi "Villafranca del Cascajar". Despois pasou á Orde de Calatrava e máis tarde aos Fernández de Córdoba, para acabar integrándose na casa de Medinaceli xa no século XVIII. Como curiosidade, apuntar que formaba parte do Reino de Xaén, un exclave, denominándose "Villafranca de las Agujas" até a división provincial de Javier de Burgos.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Villafranca de Córdoba |
- Villafranca de Córdoba - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía