Vilaboa, Mezonzo, Vilasantar

lugar da parroquia de Mezonzo, no concello de Vilasantar


Vilaboa é un lugar da parroquia de Mezonzo, no concello coruñés de Vilasantar, na comarca de Betanzos. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 12 habitantes (oito homes e catro mulleres).[1]

Vilaboa

Hórreo de Vilaboa
ParroquiaMezonzo
ConcelloVilasantar
Coordenadas43°03′39″N 8°08′02″O / 43.06072222, -8.13386111Coordenadas: 43°03′39″N 8°08′02″O / 43.06072222, -8.13386111
Poboación12 hab. (2018)
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

O hórreo de Vilaboa é considerado unha das hórreas (variante de máis largura) de maiores dimensións de Galiza. Protexido estruturalmente polo PXOM, foi restaurado após o ano 2017, cando o concello abriu un proceso administrativo ós propietarios por mor do mal estado de conservación.[2]

A coñecida como Casa de Mera, igualmente protexida, e á cal pertence o devandito hórreo, está relacionada posibelmente co Pazo de Mende. Posúe dous escudos de pedra na fachada nos cales aparecen representadas as armas das liñaxes dos Ponte e dos Andrade.[3]

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Mezonzo editar

Lugares da parroquia de Mezonzo no concello de Vilasantar (A Coruña)

Aguión | O Batán | O Campo da Feira | Cernadas | O Corral de San Martiño | O Fachal | Faxilde | Igrexafeita | Opa | A Orga | Paizás | O Penedo | A Ponte do Sapo | O Priorato | O Valo | Vilaboa | Vilanova


Parroquias de Vilasantar editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vilasantar

Armental (San Martiño) | Barbeito (San Salvador) | Mezonzo (Santa María) | Présaras (San Pedro) | San Vicenzo de Curtis (San Vicenzo) | Vilariño (Santa María) | Vilasantar (Santiago)

Notas editar

  1. "Instituto Nacional de Estadística. (Spanish Statistical Institute)". www.ine.es (en castelán). Consultado o 2018-05-09. 
  2. A. P. (3 de abril de 2017). "Vilasantar expedienta a los propietarios de una hórrea singular en estado de abandono". La Opinión (en castelán). 
  3. García Roldán, Alberto (outubro de 2019). "Hórrea de Vilaboa, Vilasantar". Galicia Pueblo a Pueblo (en castelán). 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar